Galego Español English

VÍNCULOS

Mai 18, 2014 by     No Comments    Posted under: Concertos

DOMINGO 18 DE MAIO 2014, 13:00 h.
Musica e Arte: Correspondencias Sonoras
Auditorio CGAC Santiago de Compostela

2014concertos_vertixe

VÍNCULOS
VERTIXE SONORA ENSEMBLE

Germán Alonso Ecce Saturnus* (2013)
anti-Cronia para saxofón barítono e electrónica en vivo

Stefan Prins Generation Kill Offspring 1* (2012)
percusión, violonchelo, 2 gamecontrollers, electrónica en vivo, vídeo en vivo

*Presentación en España

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Roberto Alonso gamecontroller / Pablo Coello saxofón, gamecontroller / Thomas Piel violonchelo / Diego
Ventoso percusión / Ángel Faraldo electrónica e difusión de son e vídeo


Música e arte. Correspondencias sonoras súmase á celebración do Día Internacional dos Museos cunha conmemoración particular: a do seu quinto aniversario, convertido o ciclo nun referente da creación musical internacional coa participación de compositores de numerosos países de Europa (Alemaña, Austria, Francia, Grecia, Holanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Serbia, Suecia, Suíza), América (Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, México) ou Oriente Próximo e Asia (Irán, Israel, Turquía).

Referencias clásicas da pintura, ao lado de confrontacións entre realidade e virtualidade, sociedade e tecnoloxía estarán presentes en Vínculos, o primeiro dos concertos deste ano, convertido nunha celebración-homenaxe a esta frutífera relación entre música e arte coa presentación en España das obras de dous compositores intimamente ligados ao labor desenvolvido por Vertixe Sonora e o CGAC, Germán Alonso (Madrid, España, 1984) e Stefan Prins (Kortrijk, Bélxica, 1979).

» Programa de man

CGAC
SERVIZO DE ACTIVIDADES E PROXECTOS EDUCATIVOS
Rúa Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 623 / cgac.actividades@xunta.es / www.cgac.org

xunta Vertixe Sonora sonoloxia usc

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.