Galego Español English

vertixeVIGO´15

Mai 27, 2015 by     No Comments    Posted under: Concertos

VertixeVIGO é un programa de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla e desprexuizada da creación sonora internacional. Agrupada en diferentes bloques a programación comprende:

– concertos de música contemporánea

– concertos de música electrónica e música improvisada

– obradoiros e conferencias especializados

– cursos de achegamento ao sonoro

– actividades de dinamización para os máis novos.

Serve de plataforma de presentación aos novos creadores internacionais e permite establecer vínculos culturais que reforcen a nosa identidade nun marco globalizado, dando mostra en tempo real da rica diversidade que está a renovar o discurso das artes sonoras na nosa época e na que VertixeVIGO quere desempeñar un activo protagonismo.

Organizada por Vertixe Sonora, un dos colectivos máis destacados na aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes, quere converter á cidade nunha sala de concertos, explorando novas relacións entre os espazos e o público, coa utilización de diverses espazos públicos e privados que comparten un compromiso por establecer sinerxías que permitan ofrecer contidos culturais de calidade cun aproveitamento dos recursos e infraestucturas culturais.

vertixeVIGO2015

pasadas edicións

 

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.