vertixeVIGO’13é un programa de concertos e actividades que ofrece unha panorámica amplia e desprexuizada da creación sonora internacional.

Agrupada en diferentes bloques a programación abrangue concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada, instalacións sonoras, obradoiros especializados, cursos de achegamento ó sonoro, actividades de dinamización para os máis xóvenes, etc.

Serve de plataforma de presentación ós novos creadores internacionais e permite establecer vínculos culturais que reforcen a nosa identidade nun marco globalizado, dando mostra en tempo real da rica diversidade que está a renovar o discurso das artes sonoras na nosa época e na que vertixeVIGO´13 quere desempeñar un activo protagonismo.

E tamén ofrece a posibilidade de bucear nos contextos que fundamentan a creación musical contemporánea a través da participación nas múltiples actividades de formación e dinamización deseñadas.

Colexios de primaria, colectivos artísticos, a Universidade, o MARCO, escolas de música, galerías de arte, librarías comparten en un esforzo por crear un organismo cultural activo que proxecta a diversidade de propostas que no ámbito da música contemporánea podemos atopar hoxe en día, serve de plataforma para as novas formas de expresión da música do noso tempo e dá a coñecer a algúns dos máis importantes creadores da actualidade.

Promovido polo Concello de Vigo e organizado e producido por musicadhoy, vertixeVigo’13 tece unha rede de colaboracións internacionais que converten á cidade nun escenario musical global, nunha caixa acústica en permanente resonancia na que se sucederán os concertos, os cursos de achegamento á música contemporánea, os talleres de música electrónica e improvisación sonora para transformala nos meses de outubro e novembro nunha das capitais da vangarda musical europea.


vertixeVIGO´13

CONCERTOS

NOVOS MEDIOS
Venres 4 de Outubro, 21:00 h. – Laboratorio Alg-A
MDMME (GZ) + Ángel Faraldo (GZ) + Hugo Morales (MX) [entrada 3€]

Venres 16 de Outubro, 21:00 h. – MARCO
Carlos Suárez + Miguel Negrão

Venres 01 de Novembro, 21:00 h. – MARCO
Ulobit (GZ) + kanukananina (PT)

do 18 ao 24 de Novembro – Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Casa das Campás
instalación multisensorial de Yolanda Uriz
~~Kulunka~~

CAIXA ACÚSTICA
mércores 2 de Outubro, 20:30 h. espacio SIRVENT
MARINA POLEUKHINA and add to the neon elk a pinch of tarragon concerto INAUGURAL
Vertixe Sonora Ensemble + trasPediante DANZA

venres 25 de Outubro 21:00 h. – Galería Ad-Hoc
ESAIAS JARNEGARD Nattarbette
Diego Ventoso, percusión

xoves 31 Outubro 20:30 Librería Versus – Lilliput Galería
STEVE REICH counterpoint
Xocas Meijide, clarinete baixo

venres 9 de Novembro 21:00 h. – Galería Javier Teniente
BEN HACKBARTH Open END
Diego Ventoso, percusión

venres 15 de Novembro 21:00 h. – Liceo Mutante (Pontevedra)
CONTINUUM
Alessandra Rombolà, frautas e obxetos cerámicos

E MÁIS. SORPRESAS…

AUDITORIO
14 de novembro 21:00 h. – COAG
SMASH Ensemble

sábado 30 de novembro 21:00 h. – Auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música de Vigo)
Vertixe Sonora Ensemble: DURBAN concerto FINAL


FORMACIÓN E DINAMIZACIÓN
Formación
OBRADOIROS DO INSTITUTO DE SONOLOXÍA
Información e inscripcións: institutogalegodesonoloxia@gmail.com

Mércores 2 a Venres 4 de Outubro Alg-A Laboratorio
Laboratorio de experimentación instrumental – Hugo Morales (MX)

Sábado 19 e Domingo 20 de Outubro MARCO
Introdución a SuperCollider – Miguel Negrâo (PT)

Sábado 2 e Domingo 3 de Novembro MARCO
Obradoiro de Circuit Bending – Miguel Pipa (PT) MARCO

sábado 16 e domingo 17 de novembro Escola de Música de Vigo
Laboratorio de sinestesia e multisensorialidade – Yolanda Uriz (ES)

Divulgación
AGUZAR O OÍDO
todos os mércores a partir do 16 de outubro de 20:00 a 21:00 MARCO
23 claves de escoita para entender a modernidade
Información e inscripcións/ info@marcovigo.com

Dinamización
OBRADOIROS E CONCERTOS
14 e 15 de novembro de 16:00 a 20.00 Escola de Música de Vigo
Obradoiro de improvisación con Alessandra Rombolà (IT)
Información e inscripcións/ info@vertixesonora.net

sábado 30 de novembro 20.30h Auditorio Martín Códax
Concertos CPEIS da comarca
coordinan: Iria Martínez (CEIP A Doblada), Roi Rodríguez (CEIP Illas Cíes) Juan Carlos Vázquez (CEIP Plurilingüe Ría de Vigo)

Promove: Concello De Vigo Realiza: Vertixe Sonora e Instituto Galego de Sonoloxía Organiza e Produce: musicadhoy Patrocina: Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, Facultade de Belas Artes, Universidade de Vigo Colabora: Espacio SIRVENT, Versus Librería, Galería Lilliput, Galería Ad-Hoc Galería Javier Teniente, COAG Vigo, Escola de Música de Vigo Contacto prensa: info@vertixesonora.net Máis información: www.vertixevigo.netTodos os concertos son de balde salvo nos que se indique o contrario. Entrada libre ata completar capacidade.

+info: www.vertixevigo.net

logosfinalvertixe

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario