Galego Español English

V CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO “MIHLSons-XXI”

Mar 20, 2018 by     No Comments    Posted under: Actividades, Concertos, Concerts, Conciertos, Conferencias, Courses, Cursos

A MÚSICA CONTEMPORÁNEA MÁIS ALÓ DE OCCIDENTE

“Na música de Hosokawa encóntrase unha rara combinación de música tradicional xaponesa e do modelo compositivo da vangarda musical alemana do período de posguerra. O seu discurso destaca pola coidadosa atención ó son, especialmente ó timbre, e polas intrusións sonoras inesperadas e audaces. Exprésase a través dun pensamento contemplativo no que destaca o silencio.” Carme Miró

Coa aparición a mediados do século XIX dos nacionalismos no romanticismo musical, infinidade de compositores encontraron na mistura entre a música tradicional dos seus países de orixe e a tradición centroeuropea a razón de ser da súa creación musical, deixando tras de si multitude de sendeiros polos cales outros seguiron investigando e profundizando na procura de acadar unha linguaxe persoal única e transcendente. Nun deses vieiros a medio camiño entre o redescubrimento das músicas máis ancestrais das súas culturas e as tendencias occidentais máis vangardistas é onde podemos encontrar ós compositores orientais xa clásicos da música contemporánea Toru Takemitsu e Isang Yun ou ó máis actual Toshio Hosokawa.

 “Estou a buscar unha nova forma de cultura e música espiritual xaponesa, a través da cal podo seguir sendo fiel a min mesmo e ás miñas orixes. Necesitamos examinar de novo o mundo occidental, máis coidadosamente, para que nos vexamos obxectivamente e para realmente coñecernos “. Toshio Hosokawa

Tras as dúas últimas edicións dedicadas á música contemporánea europea e americana e na procura de pechar o círculo desta ollada xeral ó panorama musical actual, o VI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” abordará a música contemporánea non occidental dende perspectivas tan diferentes coma as que cultivan hoxe en día compositores sudamericanos, persas ou do lonxano oriente, aportando ademais tres estreas mundiais . Para iso, esta edición contará coa participación da pianista iraní Aida Sigharian, da percusionista lucense Sabela Castro, do ensemble galego Vertixe Sonora, que presentará dous programas a cargo do seu pianista David Durán e o saxofonista Pablo Coello e un terceiro programa de cámara, ademais da participación do grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e do grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, nesta ocasión presentando o espectáculo “Orixes”.

Diego Ventoso Fernández

Dirección artística e coordinación do Ciclo

CONCERTOS

MARTES 3 DE ABRIL, 20:30h – MIHL

JAPANESE MEMORIES

Sabela Castro percusión

PROGRAMA

Toshio Hosokawa Sen VI (1993) multipercusión

Minoru Miki Time for Marimba (1968) marimba

Toshi Ichiyanagi The Source (1990) marimba

Miyuki Ito Fading Memories…(2000) marimba

Maki Ishii Thirteen Drums (1985) multipercusión

___________________________________________________________________________

MARTES 10 DE ABRIL, 20:30h – CASA DO SABER

INTERLINEAL: HOSOKAWA & BACH

VERTIXE SONORA

David Durán piano

PROGRAMA

Toshio Hosokawa Melodia II (1977)

Marcello/Bach Adagio BWV 974

Toshio Hosokawa Nacht Klänge (1994/96)

Toshio Hosokawa Etude III – Calligraphy, Haiku, 1 line (2013)

Bach/Arufe O Mensch, bewein dein Sünde groß, BWV 622

Toshio Hosokawa Etude IV – Ayatori, Magic by 2 hands, 3 lines (2013)

Bach/Cortot Aria (Largo) do Concerto en Fa maior BWV1056

Toshio Hosokawa Etude V – Anger (2013)

Bach/Kempff Siciliano da sonata de frauta nº 2 BWV 1031

Toshio Hosokawa Etude VI – Lied, Melody (2013)

Toshio Hosokawa Souvenir aus Japan –Sakura– (2007)

___________________________________________________________________________

MARTES 17 DE ABRIL, 20:30h – VELLO CÁRCERE

CORROSSION RESISTANCE

VERTIXE SONORA

Pablo Coello saxofóns / Iván Ferrer DJ (electrónica media jockey)

PROGRAMA

Camilo A. Méndez BURSTZTYN III Flexidra II (2015-16) saxofón barítono preparado

Juan Camilo Hernández Introspecciones móviles (2010) saxofón e electrónica

Macarena Rosmanich Un signo en tu sombra* (2017) saxofón soprano

Iván Ferrer Corrossion Resistence* (2017) saxofón baixo e DJ (electrónica media jockey)

*Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora

___________________________________________________________________________

XOVES 19 DE ABRIL, 20:30h – CASA DO SABER

MY HOUSE IS CLOUDY

Aida Sigharian piano

PROGRAMA

Sina Sadeghpour Doure Falak (2014)

Elnaz Seyedi Field of Times (2018)*

Alireza Farhang Dans l’hébétude (2014)

Fozié Majd For the Stars (1993)

I / II Hear me / III Suddenly a wind of sound / IV Synopsis of times begone / V

Mehdi Khayami Sellat (2011)

*Estrea absoluta

___________________________________________________________________________

MARTES 24 DE ABRIL, 20:30h – CASA DO SABER

OLLADAS PERIFÉRICAS

VERTIXE SONORA

Pablo Coello saxofóns / Thomas Piel violonchelo / David Durán piano / Diego Ventoso percusión

PROGRAMA

Toshio Hosokawa “Für Walter” Arc-Song II  (2010) saxofón soprano, piano e percusión (ad lib.)

Alireza Farhang When I do count the clock that tells the time (2013)

saxofón barítono, violonchelo, piano e percusión

Isang Yun Glissées (1970) violonchelo

Santiago Díez – Fischer Un Jardín Primitivo (2013) saxofón barítono, violonchelo e percusión

Miguel Farías Palettes (2013) saxofón barítono, violonchelo, piano e percusión

___________________________________________________________________________

ESPECTÁCULO DE MÚSICA E DANZA CONTEMPORÁNEA

XOVES 12 DE ABRIL, 18:30h e 20:30h – MIHL

ORIXES

Grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

Íñigo Barreiro, Pablo Carballeira, Óscar Carballo, Uxío Domínguez, César Fouce, José Luis León, Ismael Moeda, Brais Pérez, Pablo del Valle, Brais Vázquez e Martín Vázquez

Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Summon the Spirits: Lucía Álvarez, Alba Burón, Carlota Castro, Jesús Fágil, Laura Fernández, Ignacio Illán, Laura López, Marta Montes, Aroa Palmón, Laura Reboredo, Amparo Silva, Amparo Valcárcel e Carmen Gao Valcárcel

African Sketches: Laura Carreira, María Díaz, Elisabet Fernández, Aitana Fuentes, Carla Mosquera, Nuria Otero, Carlota Paz, Claudia Pérez, Claudia Pía, Helena Silva, Lucía Télez e Nahir Armada

Bell Plates: Lucía Baamonde, María José Pérez e Ana Rodríguez

Rítmicas 5 e 6 eThe Song of Queztecoatl: Irene Crespo, Teresa Delgado, Paloma Fernández, Carlota Gómez, Nerea López, Paula Martínez, Stephanía Orozco, Laura Xiao Ouro, Laura Pan, Lucía Baamonde*, María José Pérez* e Ana Rodríguez*(* Só Rítmicas 5 e 6)

Rhythm Song: Raquel Ameijide, Sandra Carreira, Carlota Criado, Carlota Díaz, Noa Fágil, Paula Fernández, Alicia García, Paula García, Cristina Pérez, Ariadna Sánchez, Lucía Tosar e Xián Varela

Sen VI e Lancaran Singa Nebah Pélog: Lucía Álvarez, Candela Díaz, Lucía Díaz, Ángela Gay, Serea López, Paula López, Carlota Pardo, María Rey, María Rodríguez e Paula Leonor Rodríguez

Silvia Victoria Eijo (The Song of Queztecoatl), Alba Felpete (Rhythm Song), Ana Belén Ferreiro (Summon the Spirits, Bell Plates e Sen VI), Reyes González (African Sketches) e Julia Penado (Rítmicas 5 e 6 e Lancaran Singa Nebah Pélog) coreografías

Diego Ventoso dirección musical

               PROGRAMA

Kevin Tuck Summon the Spirits (1998) cuarteto de percusión e danza

James Kent Williams African Sketches (1968) cuarteto de percusión e danza

Amadeo Roldán Rítmica 5 e 6 (1930) grupo de percusión e danza

Tradicional Java (adaptación: Brian Pfeifer) Lancaran Singa Nebah Pélog grupo de percusión e danza

Scott Lindroth Bell Plates (2002) multipercusión, electrónica e danza

Lou Harrison The Song of Queztecoatl (1941) cuarteto de percusión e danza

Paul Smadbeck Rhythm Song (1984) marimba e danza

Toshio Hosokawa Sen VI (1993) multipercusión e danza

___________________________________________________________________________

CONCERTO DIDÁCTICO PARA ESCOLARES

XOVES 12 DE ABRIL, 10:30h e 12:30h – MIHL

ORIXES

Fernando Buide proposta didáctica e presentación

___________________________________________________________________________

CLASE MAXISTRAL DE PERCUSIÓN

Martes, 3 de abril de 17:00 h. a 18:30 h. – Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

O REPERTORIO XAPONÉS PARA PERCUSIÓN

Sabela Castro percusión

___________________________________________________________________________

ENTRADA DE BALDE ata completar aforo en todos os concertos. Para as dúas sesión do espectáculo “Orixes” haberá que recoller entradas no MIHL a partir do 3 de abril (2 por persoa)

CARTEL MIHLSons-XXI (2018)

TRÍPTICO MIHLSons-XXI (2018)

 

        

 

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.