Galego Español English

UTOPÍA SONORA

Mai 16, 2013 by     No Comments    Posted under: Concertos

utopia sonora galego

entrada de balde ata completar aforo

Música e arte. Correspondencias 2013 comeza esta cuarta edición en diálogo co artista portugués Miguel Palma (Lisboa, 1964) e a retrospectiva que en torno á súa obra organizou o comisario e director do CGAC Miguel von Hafe en  Desconforto Moderno.

Preséntanse neste concerto tres modelos diferentes de materia e enerxía sonora, interacción instrumental e percepción visual. Se ao artista portugués lle interesa “unha realidade subvertida, estractos de realidades manipuladas” ou utiliza “artefactos híbridos carentes da súa función utilitaria orixinal ou alonxados dela”, o programa para hoxe escollido transita por estes elementos característicos da súa obra.

En kobushi burui, Malin Bang (Suecia, 1974) utiliza catro instrumentos convencionalmente recoñecidos como tales xunto a obxectos da vida cotidiana: aparellos eléctricos como unha máquina de coser, aspiradora, ventilador, secador de pelo ou similares. A manipulación dos instrumentos musicais dun xeito non convencional súmase á utilización de diferentes obxectos na busca dunha sonoridade complexa que interaccione con igual cos sonidos dos obxectos eléctricos utilizados. Malin acada unha nova sonoridade froito de accións imprevisibles e contrastantes, que van dende o íntimo e caseque inaudible ata o áspero e obstinado.

Con Kein Thema, Marianthi Papalexandri-Alexandri (Grecia, 1974) “centra a atención nas percepcións do intérprete. A manipulación do instrumento (obxectos sonoros neste caso), restrinxindo as accións habituais, provoca reaccións máis inmediatas no intérprete. Esas reaccións permiten novas formas de comportamento e comunicación do grupo”. Ademáis, a realización repetitiva de movementos diminutos na preparación da acción sonora é visualmente perceptible para a audiencia, que descubre unha correlación directa entre xesto ou acción, obxecto e son. Kein Thema refrexa a “intención de explorar cómo a limitación pode levar a novas posibilidades do son”

Manuel Rodríguez Valenzuela (Valencia, 1980) utiliza en 24 dous instrumentos musicais, o piano e o violonchelo, manipulándoos de tal xeito que xenera dous novos instrumentos musicais. Mentras que o piano e convertido nunha nova máquina sonora, nunha particular caixa de música a través da meticulosa e precisa acción de cinco intérpretes con múltiples e variados obxectos, o violonchelo é modificado e amplificado acústicamente. E se como en Palma hai unha subversión da realidade, tamén hai en 24 unha transgresión da tradición: tendo o dúo violonchelo e piano connotacións moi relevantes na historia da música, Valenzuela inclúe unha cita no cuarto movemento á 5º Sonata de Beethoven “coma homenaxe a súa xordera”.

 Pablo Coello

U T O P Í A  S O N O R A

Malin Bang (SUECIA 1974)

kobushi burui* (2012) saxofón tenor, percusión, piano, guitarra eléctrica e obxectos eléctricos

Marianthi Papalexandri-Alexandri (GRECIA 1974)

Kein Thema (2007) video proxección sonora

Manuel Rodríguez Valenzuela ( ESPAÑA 1980)

24 (2013) violonchelo amplificado e piano a 10 mans

*Presentación en España

 

vertixe sonora ensemble 

Pablo Coello saxofón/ Rubén Barros guitarra eléctrica/ Thomas Piel violonchelo/ David Durán, Haruna Takebe piano/ Diego Ventoso percusión/ Ramón Souto dirección artística

AUDITORIO CGAC Rúa Ramón del Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela

 

[PRÓXIMO CONCERTO DO CICLO: Martes 11 de Xuño]

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.