Galego Español English

THE MIND ON FIRE. Vertixe Sonora Ensemble

Xuñ 7, 2013 by     No Comments    Posted under: Concertos

MARTES 11 DE XUÑO 2013 20:30 h.
Musica e Arte: Correspondencias
Auditorio CGAC Santiago de Compostela

Concerto-visita James Welling

THE MIND ON FIRE
VERTIXE SONORA ENSEMBLE

Sergej Newski (RUS) Bastelmusik1* (2003)
saxofón alto, violín, piano e percusión

Cem Özçelik (TUR) eternal curve** (2013)
violonchelo, piano e percusión

Yoshiaki Onishi (JPN) Tr *(rev.2012)
violonchelo e piano

Joan Arnau Pàmies (ESP) canvas (2010)
saxofón soprano, piano e percusión

Miguel Farías (CHI) Palette** (2013)
saxofón barítono, violonchelo, piano e percusión

*Presentación en España / **Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Pablo Coello saxofóns e dirección musical/Jorge Montes violín/Criptana Angulo violoncello/Antonio Ocampo, Diego Ventoso percusión/David Durán, Haruna Takebe piano/Ramón Souto dirección artística


Simplicidade, quietude e rigor cun mínimo artificio…evocar a naturalidade do obxecto, a súa interese pola percepción e o desexo de profundar en cómo vemos máis que no que vemos, son claves  da obra de James Welling  nas que se sustenta este segundo concerto do ciclo Música e Arte.

Na música de Sergej Newski (Rusia, 1972) hai unha continua interese pola voz no seu aspecto fónico (non o que dicimos, senón o proceso de dicilo); e non solo nas súas obras vocais, tamén nas puramente instrumentais como é o caso de Bastelmusik,1 coa asimilación ou achega dos instrumentos a os procesos fónicos. A acción corporal,o proceso físico inherente a produción do son confire a súa música unha especial dramaturxia: “…unha suxestión de sobrepoñerse a un obstáculo, unha loita física pola comunicación”.

En Tr a interese de Yoshiaki Onishi (Japón, 1981) “non está en dicir algo”: a obra está concibida como a transición entre un son inicial (o último da anterior composición) e un son final (o primeiro da seguinte obra do programa). Onishi constrúe, nun proceso de dilatación e transformación no tempo da materia sonora, unha ponte para a comunicación, unha modulación da percepción de dúas realidades inicialmente inconexas.

Canvas é un exemplo da preocupación de Joan Arnau Pàmies (España, 1988) polas relacións entre a escritura e o son, a categorización da composición fronte a interpretación; cunha moi detallista e precisa escritura en aspectos directamente relacionados co son, o aspecto rítmico, e por extensión o temporal, posibilitan, ou mesmo obrigan, a  unha activa interacción entre os tres intérpretes para adueñarse da definitiva construción do discurso musical.

Eternal curve e Palettes son froito da encarga de Vertixe Sonora aos compositores Cem Özçelik (Turquía, 1983) e Miguel Farías (Chile, 1983) a partir da obra de James Welling. No caso do compositor turco móstrase interesado pola enfatización do intuitivo e a conexión coa audiencia a través dun discurso fluído, enérxico e colorido. A partitura de Farías desenvolve unha ampla paleta de cores tímbricas superpostas: as sonoridades mutables dos catro instrumentos se entremezclan en múltiples e intrincadas combinacións rítmicas que conducen  a un completo e rico abanico de texturas.

Pablo Coello


OS COMPOSITORES

Sergej Newski. Rusia, 1972.

Tras completar os seus estudos na escola de música especializada no Conservatorio Estatal Tchaikovsky, especializándose en teoría musical, estudou composición con Jörg Herchet na Hochschule für Musik en Dresde, e con Friedrich Goldmann na Universität der Künste en Berlín. Alí tamén estudou teoría musical e pedagoxía con Hartmut Fladt. Masterclasses con Vinko Globokar e Matthias Spahlinger, encontros con Helmut Lachenmann, Beat Furrer e Helmut Oehring e contactos coa escena de improvisación libre en Berlín, todos tiveron unha importante influencia sobre o seu desenvolvemento como compositor.

Desde 1994 a súa música foi interpretada nas principais festivais internacionais, incluíndo o Festival Donauechingen, Wien Modern, Éclat, o Gaudeamus Music Week, o Berliner Festwochen, os ISCM New World Music Days, o Moscow Territoryfest e Ultraschall.

Recibiu encargas do Klangforum Wien, o Ensemble Scharoun, o Neue Vocalsolisten Stuttgart, a SWR, Deutschlandradio, o Konzerthaus de Berlín, a Deutsche Staatsoper Unter den Linden e o Ministerio Noruegués de Cultura. Os intérpretes da súa música inclúen non só Klangforum Wien, a Neue Vokalsolisten e Ensemble Modern, p tamén o Nieuw Ensemble, Musikfabrik, o Moscow Contemporary Music Ensemble, KNM Berlin, Ensemble Mosaik, así como solistas e intérpretes como Teodoro Anzellotti, Natalia Pschenitschnikowa , Daniel Gloger e Michael Lentz, e directores como Peter Rundel, Johannes Kalitzke, Jürg Wyttenbach, Tito Engel, Enno Poppe, Teodor Kourentzis e Vladimir Jurowski.

En 2006 gañou o 1 º Premio no concurso de composición Landeshauptstadt Stuttgart co súa obra “Fluss” (versión 2005). Foi becado pola Vila Massimo/ asa Baldi, Vila Serpentara, Künstlerhof Schreyahn, Cité Internationale des Arts París, o Senado de Berlín e a Akademie der Künste en Berlín. No festival de música de San Petersburgo, en abril de 2008, recibiu o premio do público pola composición “Alles”, para recitador e ensemble. En 2012, un retrato-CD producido polo German Music Council será editado polo sello Wergo.

Cem Özçelik. Turquía, 1983.

Recibiu o Master of Arts Degree en Música da Universidade Técnica de Estambul – MIAM (Centro de Estudios Avanzados en Música) en 2012, onde estudou composición con Michael Ellison, Adam Roberts, Rubén de Lautour, Pieter Snapper e Kamran İnce.

Estudou con Tim Hodgkinson, Matthias Spahlinger, Brian Ferneyhough, Pierluigi Billone, James Dillon, Wolfgang Rihm, Dai Fujikura, Martijn Padding, Wim Henderickx, Peter Adriaansz. A súa música é interpretada en numerosos festivales de música contemporánea

Yoshiaki Onishi. Xapón 1981

Compositor e director, é tamén profesor asistente na Universidade de Columbia. Os seus principais profesores en Columbia foron Fabien Lévy, Fred Lerdahl e Tristan Murail. Recibiu o Artist Diploma (2008) e o Master de Música (2007) en composición musical pola Yale School of Music. Antes de Yale, estudou composición, clarinete e dirección na Universidade do Pacífico, Conservatorio de Música (Stockton, California), onde se graduou en 2004 coas máis altas cualificacións.

Descrito polo crítico do New York Times Anthony Tommasini en 2010 como “[…] un compositor que pode utilizar tan variados sons, estrañamente sedutores,” a música de Onishi foi interpretada en todo o mundo por ensembles como o JACK Quartet (EUA), Next Mushroom Promotion ( Xapón), Nieuw Ensemble (Holanda). Gañador de varios premios., foi galardoado co Gaudeamus Prize 2011, un dos máis prestixiosos premios dados aos novos compositores.

Recentemente obtivo unha residencia artística da Fundación Civitella Ranieri en Umbertide, Italia, así como unha encarga do Ensemble Intercontemporain dentro do  Projet Tremplin.

Dirixiu o Talea Ensemble, Wet Ensemble Ink, Yale Philharmonia, Iktus Percussion, Mantra Percussion, Loadbang e Ensemble Academy PMF. Coma director ten ademáis colaborado con compositores como Zosha Di Castri, Curtis K. Hughes, Alec Hall, Bryan Jacobs, Wang Lu, Kate Soper e Matthew Ricketts.

Joan Arnau Pàmies. España, 1988

A música de Joan Arnau Pàmies está centrada sobre na problematizaçión das cuestións relacionadas co texto, notación, son e a distinción entre composición e interpretación como actividades categóricamente diferentes. As súas exploracións recentes tratan as posibilidades de obxectos de notación non convencionais para desenvolver procesos composicionais intrincados.

A súa música foi interpreta nos Estados Unidos, Canadá, Rusia e Europa por Ensemble e solistas como Arditti Quartet, Ensemble Dal Niente, Felix Del Tredici, JACK Quartet, Kathryn Schulmeister, Moscow Contemporary Music Ensemble, New Morse  e Nora Volkova Ensemble. Ademais, é o co-fundador de Miiryn, un colectivo de música contemporánea que funciona como catalizador para a colaboración entre artistas independentes e é Director de Desenvolvemento Artístico do Fonema Consort.

Recibiu prenmios e becas como o Eckstein Fellowship da Northwestern University (Chicago), o Wallace Scholarship Fund do New England Conservatory (Boston), e o premio Fellowship dos Cursos de verán de Darmstadt 2008.

Pàmies ten o grao en Música con Mención Honorífica do New England Conservatory e actualmente cursa o doutorado en composición na Northwestern University, onde tamén ensina habilidades auditivas. Estudou con Mark André, Pierluigi Billone, Brian Ferneyhough, John Heiss, Lee Hyla, Fabien Lévy, Stratis Minakakis, Héctor Parra, Enric Riu, Hans Thomalla, e Alan Jay Yim. Pàmies deu clases sobre a súa propia música na Universidade de Columbia, en Nova York, na Academia Internacional do Moscow Contemporary Music Ensemble e na Northwestern University

Miguel Farías. Chile, 1983

Estudou na Universidade de Chile e, desde 2009 na Haute Ecole de Musique de Geneve e no CNR de Lyon e no Conservatorio de Aubervilliers.

Gañador de varios premios internacionais, êntre eles: o Joan Guinjoan (Barcelona), o Manuel Valcárcel (Santander), Injuve 2007 (España), Luís Advis 2007 (Chile), Frederic Mompou (Barcelona), o premio do concurso BMW Música Viva da Orquestra da Radio de Baviera (Múnic, Alemaña), e foi finalista nos concursos Isang Yun Music Prize 2007 (Corea), Tactus 2008 (Bélxica) e Raíña Elisabeth (Bélxica), Reina Sofía (España).

As súas obras foron executadas por agrupacións como o Ensemble Contrechamps, Ensemble Aleph, Luxemburgo Sinfonietta, entre outros, e orquestras como Orquesta da RTVE, Orquestra de Lille, Orchestre de Lorraine,  Orquestra Sinfónica de Corea, Orquesta Sinfónica de Chile.

No 2008 foi compositor residente do Forum de compositores novos, do Ensemble Aleph (Francia). Tamén foi seleccionado polo comité de lectura IRCAM / Ensemble Intercontemporain 2010 como finalista do Tremplin 2010. O 2011 foi finalista no “Composer Project” do Festival de Lucerna, con Pierre Boulez como xurado.

En xuño de 2012, Santiago de Chile viu a estrea da súa ópera Renca, París e Liendres pola Orquesta Sinfónica de Chile, ópera que causóu gran revuelo e excelentes críticas. Esta ópera foi gañadora do premio do círculo de críticos de arte 2012.

» Cartel da actividade

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.