Galego Español English

son[UT]opías. Documental Correspondencias Sonoras

Xuñ 29, 2013 by     No Comments    Posted under: Sen categorizar
son[UT]opías - CICLO DE CONCERTOS E ACTIVIDADES
Sábado, 29 xuño: Auditorio Novacaixagalicia, 19:30 h.
Correspondencias Sonoras Estrea do filme documental de Manuel del Río

Correspondencias Sonoras/ Estrea do filme documental de Manuel del Río

CORRESPONDENCIAS SONORAS/ Autor: Manuel del Río/ Duración: 60´

Director, productor, escritor, editor, Manuel del Río é unha figura absolutamente inclasificable do novo cinema galego. Despois de realizar diversas curtametraxes nas que se dan a man o cinema experimental e a música de vangarda presenta Correspondencias Sonoras unha longametraxe documental que segue o día a día do Vertixe Sonora Ensemble. Filmado no Centro Galego de Arte Contemporánea no ano 2012 inclúe entrevistas, concertos, conferencias, exposicións… Compositores coma Ramón Souto, David Hernández Ramos, Javier G. Compeán, Nadir Vassena, Sivan-Cohen Elias, Teresa Carrasco, Oriol Saladrigues, Ángel Faraldo, Jacobo Gaspar, Alexander Khubeev, Esaias Järnegard, reflexionan sobre vangarda, a relación co público, a escoita, nunha proposta imprescindible para coñecer a MÚSICA DO NOSO TEMPO.


 
Avance do filme documental CORRESPONDENCIAS SONORAS baseado nun ciclo de concertos do VERTIXE SONORA.
 

Programa xeral do Ciclo: http://issuu.com/campusculturae/docs/sonutop__as_gal.2
Auditorio Novacaixagalicia: Rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela

 

logo-culture-125 logo-usc-125 logo-campus-125 logo-sonutopias-125

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.