• Edicións:

sonUTopias
 

son[UT]opías 2014
Santiago de Compostela

Xullo, 26 – 31

campUSCulturae, aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e do pluralismo, desenvolve o Centro Internacional da Creatividade, un espazo de experimentación coas relacións que se establecen entre a literatura, a música, as artes escénicas e as novas tecnoloxías. Neste marco, campUSCulturae presenta a segunda edición de son[UT]opías, encontro internacional de creación musical que este ano ten o pracer de convidar a Santiago de Compostela ao compositor xaponés Toshio Hosokawa.

son[UT]opías celebra a súa segunda edición do 29 ao 31 de xullo de 2014, tres xornadas nas que se fará un amplo retrato musical do compositor xaponés Toshio Hosokawa; pezas a solo, música de cámara e repertorio orquestral, música que examina a relación entre a arte de vangarda occidental e a cultura tradicional xaponesa. O programa musical culmina coa estrea mundial dunha nova peza que Hosokawa escribe para este proxecto: Drei Engel-Lieder para soprano e arpa. Para todo isto, cóntase con Vertixe Sonora Ensemble como ensemble residente, así como coa participación da Real Filharmonía de Galicia e a presenza de dúas eminentes intérpretes xaponesas: a soprano Yuko Kakuta e a arpista Naoko Yoshino. A composición musical, a transculturalidade na música contemporánea e aspectos das novas tecnoloxías aplicadas á creación de vangarda, son aspectos que se van tratar e dos que se gozará nas conferencias, charlas de compositores e concertos, incluíndo varias estreas munidas.

Por outra banda, a presenza do artista nipón é unha oportunidade para os novos creadores que son[UT]opías non quere deixar sen atender. Así organízase unha sesión de traballo específica para compositores. A Master Class do Centro Internacional da Creatividade con Toshio Hosokawa está aberta a compositores de todas as idades e nacionalidades, e a inscrición é totalmente gratuíta. Ademais son[UT]opías abriu unha convocatoria de partituras a partir das que Hosokawa e o ensemble residente fixeron unha selección de dúas obras, para ofrecer unha sesión extraordinaria de lectura aberta ao público e para se interpretar na tempada 2014/15 do ensemble galego.

 


ACTIVIDADES

PARTICIPANTES ACTIVOS – COMPOSITORES

*OÍNTES(sen límite de prazas, con acceso a todas as actividades agás no caso da participación na Master Class)

O encontro internacional de creación musical, son[UT]opías 2014, está aberto ao público en xeral, non é necesario ser músico profesional, compositor nin profesor para participar. Por outra banda, e por primeira vez, o encontró internacional de creación musical, son[UT]opías 2014, é unha “Actividade recoñecida como formación permanente do profesorado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria”, e consta de 24 horas presenciais dividida nas seguintes actividades:

Master Class –Centro Internacional da Creatividade– con Toshio Hosokawa

Cada un dos compositores participa nunha clase colectiva de 120 minutos con T. Hosokawa. De entre todas as solicitudes recibidas, foron seleccionadas obras de Misaki Goto (Xapón) e Daniela Terranova (Italia), partituras sobre as que as compositoras van traballar co mestre.

Panel de lectura –Centro Internacional da Creatividade– con Toshio Hosokawa

Das obras presentadas seleccionáronse dúas para que Vertixe Sonora Ensemble faga, en son[UT]opías, unha lectura pública con Hosokawa e os compositores das obras. A sesión será de 75 minutos para cada obra.

Helga Arias (España): “Konturen I” para violín, violonchelo e piano
Wei-Chieh Lin (Taiwan-Canada): “Flickering” para frauta, clarinete, violín, violonchelo e piano

Ademais, as 2 obras seleccionadas serán interpretadas nos concertos da tempada 2014/15 de Vertixe Sonora Ensemble.

Forum Internacional de Creación Musical

Seleccionáronse 3 compositores de entre as máis de 40 solicitudes recibidas. A duración das presentacións non debe superar os 45 minutos por participante.
Os alumnos seleccionados son:

Diana Rotaru (Rumanía) | Helga Arias (España) | Iker Güemes (España)

*“Actividade recoñecida como formación permanente do profesorado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria”.


son[UT]opías 2014: Toshio Hosokawa
29-30-31 Xullo

26 Sábado
Paraninfo da Universidade
12h. Concerto extraordinario
Beethoven, Chopin, Takemitsu e Hosokawa
Kentaro Koyanagi, piano.

 29 Martes
Paraninfo da Universidade
10h. Conferencia inaugural
Introducción á son[UT]opía de Toshio Hosokawa
David Durán

Instantánea musicalAlessandra Rombolá Frauta
Sen I(1986)
Kuroda-bushi(2004)
Toshio Hosokawa

Paraninfo da Universidade
12h. Forum de creación musical
Federico Gardella, Noriko Miura
– Ramón Souto-

Fundación Granell
17h – 19:30h. Sound & Art
Intervencións sonoras e artísticas + concerto de música electroacústica
Artistas austríacos do proxecto
“Permanent Expedition”
Susanna Flock, Washer (Andreas Kurz), Enrique Tomás, Katharina Loidl, Sun Obwegeser,Doris Prlic, Jakob Dietrich, ekw 14,90 (Marlies Stöger, Andre Tschinder), Leonhard Müllner.
Soporte: ‘LinzEXPOrt’ program, Linz Kultur, City of Linz’

Paraninfo da Universidade
20h. CONCERTO – VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Toshio Hosokawa, Isang Yun, Federico Gardella e Noriko Miura 

30 Mércores
Paraninfo da Universidade
10h. Forum aberto de creación musical
Presentación de obras
Compositores seleccionados: Helga Arias, Diana Rotaru, Iker Güemes

12:30h. Conferencia
Música nos límites do control: sistemas de retroalimentación
Ángel Faraldo

Auditorio de GaliciaSala Mozart
18h. Conferencia
Recoñecerse Oriente en Occidente
Paco Yáñez

Instantánea musical: Pablo Coello,saxofón
Transitus(2012) para saxofón baixo
José Mª Sánchez Verdú

19:15h. Encontro
O compositor en 1ª persoa. Encontro aberto con Toshio Hosokawa

20:15h. Diálogos
O compositor en conversa: Toshio Hosokawa & Paul Daniel

Auditorio de Galicia| Sala Ángel Brage
21h. CONCERTO – REAL FILHAMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel, director. Haruna Takebe, piano
T. Hosokawa & W. A. Mozart

 31 Xoves
Paraninfo da Universidade
10h. Master Class con Hosokawa
(para compositores – Sala de profesores)

12h. Panel de lectura con T. Hosokawa & Vertixe Sonora Ensemble
Wei-Chieh Lin e Helga Arias

20h. CONCERTO: YUKO KAKUTA & NAOKO YOSHINO
Obras de Toshio Hosokawa (estreas mundiais), Toru Takemitsu & Claude Debussy.


Programa das actividades, en pdf


Organizado por:

This project has been funded with support from the European Commission.
This publication reflects the views only of the author, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.

campUSCulturae: Irene García García & Xosé A. Neira Cruz
Dirección: David Durán Arufe
Coordinación: Haruna Takebe & Vicente García García
Tradución: Gloria Senra
Ilustracións: Haruna Takebe
Comunicación: Concepción Bilbao Golpe & Pablo Prados Espeso