Galego Español English

son[UT]opías 2014 / Vertixe Sonora Ensemble

Xul 29, 2014 by     No Comments    Posted under: Concertos

sonUTopias-vertixe

Martes 29, xullo. 20 h. 
Paraninfo da Universidade, Facultade de Xeografia e Historia
I CONCERTO - Vertixe Sonora Ensemble

PROGRAMA

T. Hosokawa: Etude I – 2 Lines – (2011, rev. 2012)
piano

T. Hosokawa: Etude II – Point and Line – (2012)
piano

T. Hosokawa: Lied (2007)
frauta e piano

T. Hosokawa: “Für Walter” Arc-Song II (2010)
soprano saxofón e piano con percusión (ad lib.)

Isang Yun: Glissées (1970)
violoncello

Noriko Miura: Obra Nova (2014)
frauta, clarinete, violín e violoncello [estrea absoluta]

Federico Gardella: Architetture del canto e del silenzio (2014) [estrea en España]

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Alessandra Rombolá, frauta / Xocas Meijide, clarinete / Pablo Coello, saxofón / Kiyoko Ohashi, violín / Thomas Piel, violoncello / David Durán, piano / Diego Ventoso, percusión

O ensemble residente de son[UT]opías, Vertixe Sonora Ensemble, abre o programa musical desta edición iniciando o amplio retrato sonoro do artista xaponés Toshio Hosokawa que se completará ao longo de tres días. Nesta ocasión escoitaranse obras a solo e de cámara, compostas tanto por Hosokawa como por outros compositores importantes no seu entorno.
campUSCulturae brinda unha oportunidade ao público en xeral, melómanos e profesionais, de achegarse á súa música e coñecer de primeira man o seu fascinante proceso creativo no que conflúen de xeito natural elementos da cultura tradicional oriental (conceptos do Budismo Zen, a Natureza e a súa inherente transitoriedade, o Gagaku ou a caligrafía dende o xesto) con elementos das artes occidentais integrados nunha proposta de vangarda.


Hosokawa

Toshio Hosokawa

Xoves 31, xullo. 12 h. 
Paraninfo da Universidade, Facultade de Xeografia e Historia
Panel de lectura: Con T. Hosokawa e Vertixe Sonora Ensemble

Obras de Wei-Chieh Lin e Helga Arias


son[UT]opías 2014 programa · programme
Panel · Fórum · Master Class · Conferencias · Lectures · Concertos · Conciertos · Concerts


Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.