Galego Español English

son[UT]opías

Dec 29, 2013 by     No Comments    Posted under: Sen categorizar

CICLO DE CONCERTOS E ACTIVIDADES
VERTIXE SONORA ENSEMBLE, agrupación residente
ATLAS ENSEMBLE, agrupación convidada

AUDITORIO NOVACAIXAGALICIA
Xuño 2013

 

 

campUSCulturae é unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e do pluralismo. Considerar a importancia das culturas parécenos unha oportunidade para manter a biodiversidade cultural do planeta, ofrecendo á nosa lingua e cultura a posibilidade de establecer procesos de retroalimentación con outros códigos lingüísticos e culturais.

Dentro deste amplo proxecto situamos o CENTRO INTERNACIONAL DE CREATIVIDADE, que na súa área de música pretende proporcionar un espazo de experimentación e creación musical a desenvolver nos vindeiros catro anos: son[UT]opías  2013 – 2016.

son[UT]opías como foro de diálogo para creadores e intérpretes dende diferentes perspectivas culturais que propicie a nova creación através da comisión, estrea e difusión de composicións.

 


 

PROGRAMA 2013

 

son[UT]opías 2013 conta coma agrupación convidada co Atlas Ensemble (http://www.atlasensemble.nl/) co cal organizará do 27 ao 30 de xuño en Santiago de Compostela un encontro internacional para compositores e intérpretes, o ATLAS ACADEMY.

ATLAS ACADEMY articúlase coma un encontro internacional para compositores e intérpretes de todo o mundo e inclúe presentacións, demostracións e conferencias sobre instrumentos non occidentais, así coma seminarios sobre culturas musicais do este e a composición para combinación de instrumentos interculturais.

O Atlas Ensemble é unha orquestra de cámara única en Europa que une brillantes músicos tradicionais de China, Asia Central, Oriente Próximo e Europa. O ensamble presenta un mundo de sons inexplorados de instrumentos procedentes de diferentes culturas. O repertorio que interpreta consiste enteramente de obras especialmente encargadas para esta agrupación. En son[UT]opías 2013 tamén asisteremos a estrea mundiais de tres novas composicións, as dos compositores Ken Ueno, Stefano Pierini e Carolina Cerezo Dávila e teremos ocasión de escoitar estes instrumentos empregados nun concerto de música tradicional.

son[UT]opías conta ademáis co Vertixe Sonora Ensemble coma ensemble residente. O colectivo musical galego será de feito o encargado de levar a cabo o concerto inaugural e tamén de finalizar esta edición nunha fascinante colaboración co ATLAS.

 

ATLAS ACADEMY. Workshop (dos solistas do Atlas Ensemble)
A primeira sesión consistirá na presentación de cada instrumento e porén terá carácter musicolóxico. Logo, as sesión de traballo oriéntanse a dúas modalidades: intérpretes e compositores, se ben calquera persoa interesada está convidada a asistir.

  • Compositores: conferencias para compositores na que se explican e aconsellan procedementos de escritura para estes instrumentos. Aqueles interesados tamén poden acceder a máis información sobre os instrumentos na páxina do Atlas Academy e traer a estas sesións un borrador a partir do cal se traballará.
  • Intérpretes: Sesión de improvisación na que os participantes traen os seus propios instrumentos e tocan xunto aos músicos do Atlas. Na improvisación explicaranse e empregaranse as escalas arábicas “Maqam”, a chinesa pentatónica e elementos do “Gagaku” xaponés. Non soamente se dirixe aos músicos de formación clásica, tamén aos músicos de jazz e folk e quen estea interesado na improvisación ou no sistema microtonal. E por suposto que aquel que lle apeteza probar a improvisar con instrumentos inusuais ou curioso poderá participar.

ATLAS ENSEMBLE: Duduk (Armenia): Raphaela Danksagmüller / Sho (Xapón): Naomi Sato / Kemence (Turquía): Neva Özgen / Erhu (China): Yang Xue/ Pipa (China): Lan Weiwei / Tar (Azerbaiyán): Elchin Nagijev / Qanun (Siria): Bassem Alkhouri / Director: Artyom Kim (Uzbekistán)


VERTIXE SONORA ENSEMBLE
: Alessandra Rombolá, frauta / Avelino Ferreira, óboe / Joaquín Meijide, clarinetes / Pablo Coello, saxofóns e dirección musical / Iago Ríos, trombón / Jorge Montes, violín / Francisco Regozo, viola / Criptana Angulo, Thomas Piel, violonchelo / Carlos Méndez, contrabaixo / Bleuenn Le Friec, arpa / Rubén Barros, guitarra eléctrica / Diego Ventoso, José Vicente Faus, Antonio Ocampo, percusión / David Durán, Haruna Takebe, piano

 


 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

XOVES 27 XUÑO

  • Presentación / Obradoiro Atlas Ensemble
    18:00 -­ 19:15 h. Auditorio Novacaixagalicia
  •  Conferencia Alireza Farhang
    19:30 h.  The crossover of two musical cultures: conflictual but enriching aspects.
  • CONCERTO INAUGURAL Vertixe Sonora Ensemble
    21 h. Auditorio Novacaixagalicia

Cem Özçelik (Turquía) Eternal curve (2013) piano, violonchelo e percusión
Alireza Farhan (Irán-­Francia) Neda (2009) * saxofón tenor, trombón, vibráfono e piano
Jamilia Jazylbekova (Kazajistán) Sfioriarsi II (2004-­‐06) * frauta, saxofón tenor, viola, piano e percusión 
Jacobo Gaspar 
(Mos, España) Sombras de Invierno saxofón, contrabaixo, piano e percusión
Ramon Souto (Vigo, España) Apertas para Matta‐Clark frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión

VENRES 28 XUÑO

  • Obradoiro Atlas Ensemble: Duduk, Qanun & Sho
    18:30 ‐ 20:00 h. Auditorio Novacaixagalicia
  •  Proxección do Filme Documental Imagine Utopia
     Título: Imagine Utopia  /  Autor: Frank Scheffer, Caio Amon, Lucas van Woerkum  /  Duración: 60’
    20:30 h. Auditorio Novacaixagalicia
  •  “Atlas en Praterías” Atlas Ensemble
    23:00 h. 
    Praza de Praterías

SÁBADO 29 XUÑO

  •  Obradoiro Atlas Ensemble: Kemençe & Erhu
    12:00‐13:00 h. Auditorio Novacaixagalicia
  •  Obradoiro Atlas Ensemble: Pipa & Tar
    13:00‐14:00 h. Auditorio Novacaixagalicia
  •  Proxección do Filme Documental Correspondencias Sonoras
     Título: Correspondencias Sonoras  /  Autor: Manuel del Río  /  Duración: 60’
    19:30 h. Auditorio Novacaixagalicia
  •  CONCERTO MÚSICA TRADICIONAL, Atlas Ensemble
    21 h. Igrexa da Universidade

DOMINGO 30

  • Conferencia Alireza Farhang
    20:00 h.  Music in Iran: Tradition and Modernity.
  • CONCERTO FINAL Atlas Ensemble + Vertixe Sonora Ensemble
    21 h. Auditorio Novacaixagalicia

Carolina Cerezo Dávila (España, 1993) Obra Nova ** sho, pipa, qanun, óboe, clarinete baixo, percusión e violín
Giuliano Bracci (Italia, 1980) Lunedi (2011) shô, duduk, zheng e contrabaixo
Ken Ueno (Estados Unidos, 1970) Buchephalus Dreams of Exotic Wives ** sho, pipa, tar, viola e violonchelo
Stefano Pierini (Italia) Obra Nova** pipa e 2xpercusion (solistas) duduk, sho, erhu, clarinete(+baixo), saxofón, violín, viola, violonchelo e contrabaixo
Thanasis Deligiannis (Grecia, 1983) Satyrcrash (novo arranxo)* duduk, sho, kemence, erhu, pipa, tar, qanun, frauta, oboe, clarinete, saxofón, harpa, percusión (x2), melódica, violín, viola, violonchelo e contrabaixo
Artjom Kim (Uzbequistán, 1976) Rag music * sho, erhu, kemençe, qanun, clarinete baixo, arpa, percusión (x2), melódica, piano, viola, violonchelo e contrabaixo
Joël Bons (Holanda, 1952) Cadenzas* duduk, sho, kemençe, erhu, pipa, tar, qanun, frauta, óboe, clarinete, pianica, arpa, percusión, violín e viola

*Presentación en España / **Estrea absoluta  

 

COORDINACIÓN DO CICLO: David Durán
+ info / Formulario de Inscripción: http://campusculturae.usc.es
redes sociais: https://www.facebook.com/sonutopias https://www.facebook.com/campUSCulturae

 

 

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.