• Edicións:



entrada de balde ata completar aforo

O Vertixe Sonora abre este novo espazo de reflexión no entorno da música contemporánea organizado pola Galería Lilliput coa colaboración de Versus Librería.

Conscentes da necesidade de mellorar os contextos de audición nos que se presentan as estreas de música contemporánea en Galicia Protocolos de Escoita contribúe á formación de novos públicos e introduce no formato de charla breve algúns dos conceptos clave na música de creación.

Está deseñado para ouvintes non especializados que teñan inquedanzas por descubrir o paisaxe sonoro da literatura musical dos últimos decenios.

Nunha viaxe atemporal o musicólogo Emilio Lede propónnos percorridos creativos pola historia da música co obxeto de desentrañar algunhas das claves que configuran a creación musical de tódolos tempos. Reflexionando sobre concentración, receptividade e escoita; abordando aspectos semióticos da linguaxe musical; establecendo analoxías entre diversos autores ou ben aportando estratexias de percepción que nos doten de novas ferramentas e máis elementos de xuízo na percepción da música contemporánea.

Os encontros se completan coa proposición de bibliografía básica e roteiros de escoita para transitar en soidade e continuar a procura dun encontro significativo e trascendente coa arte musical.

PROGRAMA
(i) kit de supervivencia: os elementos da música 4 outubro
(ii) máis sobre o timbre ou a color 8 novembro
(iii) modernidade e tradición 5 decembro
(iv) entrar e sair de darmstadt 17 xaneiro
(v) música instrumental nun entorno tecnolóxico multimedia 7 febreiro