Galego Español English

MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 (I e II)

Mai 30, 2015 by     No Comments    Posted under: Concertos

MÚSICA E ARTE
CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 (II)

CICLO DE CONCERTOS VERTIXE SONORA ENSEMBLE

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Setembro – Decembro  2015

Vertixe Sonora

 

 

No mes de setembro comeza a segunda parte da edición de 2015 do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo cuxo obxectivo é dar a coñecer as últimas tendencias musicais e escénicas e os compositores máis relevantes do novo panorama musical. Con este fin, Vertixe Sonora encárgalle á actual xeración de compositores obras especificamente creadas a partir das exposicións do CGAC.

Neste cuadrimestre o ciclo contará con nove estreas absolutas organizadas en dous concertos. Catro delas, as dos compositores Desmond Clarke (Reino Unido, 1989), Malte Giesen (Alemaña, 1988), Nicolas Tzortzis (Grecia, 1978) e Xoán Xil (España, 1972), atenden á mostra Reflexións, que se exhibe no CGAC ata o 11 de outubro: “a reflexión entendida como un acto de meditación ou como un efecto óptico que en ocasións cambia a realidade”.

Como constelacións sonoras, cinco novas obras dos compositores Anahita Abassi (Irán, 1985), Ralph Bernarby (Alemaña, 1988), Ezequiel Menalled (Arxentina, 1980), Camilo A. Méndez (Colombia, 1982) e Daniel Moreira (Brasil, 1984) danlle

corpo á retrospectiva Constelacións do intanxible do fotógrafo guatemalteco Luis González Palma, que terá lugar no CGAC do 13 de novembro ao 31 de decembro, e deste xeito intérnanse “nun universo misterioso e complexo no que a mirada como enigma irresoluble constitúe unha fonte inesgotable de investigación”.

Esta segunda parte do ciclo contará con nove estreas absolutas en dous concertos. Catro delas, as dos compositores Desmond Clarke (Reino Unido, 1989), Maite Giesen (Alemaña, 1988), Nicolas Tortzis (Grecia, 1978) e Xoan Xil (España, 1972), atenden á exposición Reflexións: “a reflexión entendida como un acto de meditación ou como un efecto óptico que en ocasións cambia a realidade”.

Como constelacións sonoras, cinco novas obras dos compositores Anahita Abassi (Irán, 1985), Ralph Bernarby (Alemaña, 1988), Ezequiel Menalled (Arxentina, 1980), Camilo A. Méndez (Colombia, 1982) e Daniel Moreira (Brasil, 1984) dan corpo a Constelacións do intanxible, retrospectiva do fotógrafo guatemalteco Luis González Palma, “adentrándonos nun universo misterioso e complexo no que a mirada como enigma irresoluble constitúe unha fonte inesgotable de investigación”.

PROGRAMA

22 DE SETEMBRO

20.30 h. REFLEXIÓNS

Xoan Xil Hexagram*(2015)

frauta,saxofón,violín e electrónica

Malte Giesen Easely Listening Studies* (2015)

frauta,saxofón,violín,arpa,piano,percusión e electrónica

Desmond Clarke Figures in Folded Rooms* (2015)

saxofón,violín,arpa,piano,percusión e electrónica

Nicolas Tortzis Sobre o amor perdido do Laude* (2015)

frauta,saxofón,violín,arpa,piano e percusión

15 DE DECEMBRO

20.30 h. CONSTELACIÓNS

Ralph Bernardy Título por determinar* (2015)

trompeta,contrabaixo,piano e percusión

Daniel Moreira Countdowns*** (2015)

saxofón,trompeta,acordeón,contrabaixo,guitarra eléctrica,piano e percusión

Anahita Abassi Título por determinar*(2015)

saxofón,acordeón,violonchelo,contrabaixo,guitarra eléctrica,piano e percusión

Camilo A. Méndez Título por determinar**(2015)

saxofón,trompeta,acordeón,violonchelo, contrabaixo,guitarra eléctrica,piano e percusión

Ezequiel Menalled Título por determinar* (2015)

saxofón,trompeta,acordeón,violonchelo, contrabaixo,guitarra eléctrica,piano, percusión y electrónica

*Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora

**Estrea absoluta. Encarga Festival Mixtur 2015 Musiques de Rechercha i creació mùltidisciplinaria.

***Estrea absoluta nova versión

ACTIVIDADES PARALELAS:

Ensaios abertos cos compositores: 19 de Setembro, 18-20h / 13 de Decembro, 16-19h

CauSaL’15, conversa cos compositores: 15 de Decembro, 19.30h

VERTIXE SONORA ENSEMBLE

Alessandra Rombolà frauta / Pablo Coello saxofón / Sergio Pacheco trompeta / Vadzim Yukhnevich acordeón / Mario Peris violín / Thomas Piel cello / Carlos Méndez contrabaixo / Angélica Vázquez arpa / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Xoan Xil electrónica, difusión de son // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística

 

_________________________________________________________________________

 

MÚSICA E ARTE
CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 (I)

CICLO DE CONCERTOS VERTIXE SONORA ENSEMBLE

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Maio-Xuño 2015

O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, convertido nun referente da creación musical contemporánea internacional, conta coa participación de compositores de todo o mundo e con máis de corenta estreas absolutas nas súas seis edicións no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Nestes encontros entre música e arte teñen cabida as expresións creativas máis actuais. O seu obxectivo é poñer de relevo as propostas escénicas e musicais máis vangardistas do momento. Vertixe Sonora propón á actual xeración de compositores, novas creacións sonoras cunha premisa: a de transitar polas encrucilladas plantexadas polos artistas que expoñen no CGAC.

O ciclo comeza cun programa dobre que se incorpora, una ano máis, a celebración do Día Internacional dos Museos: Tres veces silencio, con obras de Fernando Garnero (Arxentina, 1976) e Januibe Tejera (Brasil, 1978) e Codifica/Recupera, espectáculo multimedia que inclue música instrumental, electrónica e vídeo en vivo, referenciada á exposición colectiva sobre fotografía e edición Edita: secuencia/sentido na que Vertixe Sonora interpretará a nova creación do compositor, percusionista e improvisador Gustavo Costa (Portugal, 1976).

Como na exposición do mesmo título, Tectónica propón unha prospección no universo creativo e poético do artista Manuel Vilariño a través das composicións de Eduardo Caballero (México, 1976), Pamela Madsen (EEUU), Alberto Arroyo (España, 1989), Iker Güemes (España, 1971), Alfonso Mendoza (México) e Nico Sauer (Alemaña, 1986).                                                                          

Causal. Encontro internacional de composición. Os compositores falarán das súas obras e participarán en ensaios abertos ao público. As persoas interesada poderán achegarse ao auditorio do CGAC para coñecer o proceso de creación dos compositores.

Horarios:
Domingo 14 de Xuño, 11-14h – ensaios cos compositores abertos ao público
Martes 16 de Xuño, 20h – charla cos compositores previa ao concerto

A entrada a todas as actividades do ciclo é libre e gratuíta até completar as localidades.                                               

PROGRAMA

23 DE MAIO
Celebración do Día Internacional dos Museos

13h. TRES VECES SILENCIO
Fernando Garnero (Argentina, 1976) Interlude (2014) Guitarra eléctrica

Januibe Tejera (Brasil, 1978) Trois fois silence (I) (2015) frauta, guitarra eléctrica e piano

20.30h CODIFICA/RECUPERA
Gustavo Costa (Portugal, 1976) Encode/ Retrieve* (2015) frauta, arpa, piano, percusión, electrónica e vídeo

16 DE XUÑO
20.30 h. TECTÓNICA
Eduardo Caballero (México, 1976) Negro invadiendo al blanco* (2015) saxofón, trompa, violín, cello
Pamela Madsen (EEUU) Riverly is the Moon** (2014) vibráfono e vídeo
Alberto Arroyo (España, 1989) Desde el vértice*** (2015) violín, cello
Iker Güemes (España, 1971) Grammar* (2015) percusión
Alfonso Mendoza (México) Quebranto* (2015) saxofón,percusión,electrónica
Nico Sauer (Alemaña) Kammermusik 15000* (2015) saxofón,trompa,violín,cello,piano,percusión,electrónica,vídeo

*Estrea absoluta. Encargo de Vertixe Sonora **Estrea nova versión ***Estrea absoluta. Escrita para Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA ENSEMBLE:
Alessandra Rombolà, frauta/ Pablo Coello, saxofón/ Benxamín Iglesias, trompa/ Roberto Alonso, violín/ Thomas Piel, cello/ Angélica Vázquez, arpa/ Rubén Barros, guitarra eléctrica/ David Durán, piano/ Diego Ventoso, percusión// Pablo Coello, dirección musical/ Ramón Souto, dirección artística

CGAC
SERVIZO DE ACTIVIDADES E PROXECTOS EDUCATIVOS
Rúa Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 623 / cgac.actividades@xunta.es / www.cgac.org

xunta Vertixe Sonora sonoloxia usc

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.