O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partires das exposicións que cada tempada se desenvolven no CGAC, centro que no 2012 se constitúe nun verdadeiro espazo de creación musical. Vertixe Sonora, a ensemble encargada de organizar o ciclo, comisiona novas creacións a compositores de prestixio do panorama internacional coa premisa de transitar polas encrucilladas propostas polo Centro Galego de Arte Contemporánea. Nesta relación entre música e arte conviven creadores de diferentes nacionalidades e culturas, e teñen cabida todas as expresións creativas actuais. O obxectivo é coñecer de primeira man as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.

O ciclo iníciase o Día Internacional dos Museos cun concerto extraordinario de presentación, A inspiración da luz, que servirá de preámbulo a outros catro concertos con trece estreas absolutas e diversas actividades paralelas.

Obras e artistas da Colección Fundación Helga de Alvear incluídos na exposición De la generosidadserven de referencia a González Compeán (León-Guanajuato, México, 1978), Hernández Ramos (México DF, México, 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do segundo concerto do ciclo baixo o título A colección. Completarase o programa coas presentacións en España de Dmitri Kourliandski (Rusia, Moscova, 1976) e Nadir Vassena (Balerna, Suíza, 1970)

Tempo, infinito, repetición e presenzason os catro conceptos esenciais na obra da artista Esther Ferrer que poderá verse no CGAC. O título da exposición, En catro movementos, serve tamén de referencia a un espectáculo no que estes conceptos son manexados desde un plano musical e persoal polos compositores Teresa Carrasco (Oviedo, España, 1980), Sivan Cohen (Xerusalén, Israel, 1976), Marco Marinoni (Monza, Italia, 1974) e Oriol Saladrigues (Barcelona, España, 1978).

A obra de Fernando Casás e a súa vinculación coa land art terá dobre presenza neste ciclo. Primeiramente De paisaxes, paseos e arqueoloxías sonoras…,un concerto de música electrónica comisariado polo artista sonoro e compositor Ángel Faraldo (Ferrol, España, 1980); e pechando o ciclo, Efémero, cinco creacións realizadas a partir da obra de Casás polos compositores Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1980), Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986), Mathias Kranebitter (Viena, Austria, 1980) e Simone Movio (Latisana, Italia, 1978).


PROGRAMA
Os concertos terán lugar no auditorio do CGAC ás 20:30 h (agás o do 18 de maio). A entrada é de balde e limitada á capacidade da sala.

18 DE MAIO
A inspiración da luz
Pierre Jodlowski Time & Money(2006) percusión, vídeo e electrónica
Giorgio Netti.. intuire la dispiegata forma della luce ..(1999) saxofón soprano

Este concerto, organizado en colaboración co Museo do Pobo Galego, comezará ás 22:45 h.


5 DE XUÑO
A colección
Dmitri Kourliandski Danc[e]inG* (2004) frauta, saxofón, viola e percusión
Nadir Vassenamutti inverni dell’anima* (2006) frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión
González CompeánSolo II** (2012) percusión
Hernández RamosChiaroscuro** (2012) frauta, viola e percusión
Ramón SoutoApertas para Matta-Clark** (2012) frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión


25 DE SETEMBRO
En catro movementos: tempo infinito repetición presenza
Alex Hills 5 Resonance Studies I, II* (2011) piano
Teresa Carrasco tiempo** (2012) saxofón, piano e electrónica
Alex Hills 5 Resonance Studies III* (2011) piano
Milica DjordjevićFAIL** (2010) violonchelo e electrónica en vivo
Alex Hills 5 Resonance Studies IV* (2011) piano
Oriol SaladriguesMarco que enmarca marco, que enmarca marco, etc… que no enmarca nada** (2012)saxofón e violoncello
Alex Hills 5 Resonance Studies V* (2011) piano
Sivan Cohen-EliasTo Move You Stay** (2012) clarinete, saxofón, violoncello, piano e electrónica


6 DE NOVEMBRO
De paisaxes, paseos e arqueoloxías sonoras…
Concerto de música electrónica comisariado polo compositor e artista sonoro Ángel Faraldo


27 DE NOVEMBRO
Efémero
Esaias Jarnegard HÄRD**(2012) saxofón, guitarra eléctrica e percusión
Mathias KranebitterDenudationen 1-118** (2012) saxofón, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión
Simone Movio Incanto III** (2012)saxofón, piano e percusión
Alexander KhubeeveARTH** (2012) saxofón, contrabaixo, piano e percusión
Jacobo GasparSombras de inverno** saxofón, contrabaixo, piano e percusión

*Presentación en España / **Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora


VERTIXE SONORA
Alessandra Rombolá frautas / Joaquín Meijide clarinete baixo/ Pablo Coello saxofóns/ Rubén Barros guitarra eléctrica/ Anne Schlossmacher viola / Thomas Piel violoncello/ Carlos Méndez contrabaixo/ Diego Ventoso percusión/ David Durán piano/ Ángel Faraldo electrónica

DIRECCIÓN DO CICLO: Pablo Coello
COORDINACIÓN: Cristina Trigo