Galego Español English

MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS 2017

Mai 19, 2017 by     No Comments    Posted under: Concertos

CICLO DE CONCERTOS

VERTIXE SONORA

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

vertixe_sonora17

 19 maio – 19 decembro 2017

Catálogos de sopro, respiración e asubío, estudo obsesivo e recorrente da difusión do aire do compositor Ramón Souto (España, 1976). Así dá comezo, co motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, a nova edición de Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.

Baixo o comisariado de Vertixe Sonora, novos autores do panorama internacional compoñen obras orixinais a partir das exposicións, artistas e obras do Centro Galego de Arte Contemporánea. Jorge Gómez Elizondo (México, 1986), Chikage Imai (Xapón, 1979), Heather Stebbins (Estados Unidos, 1987) e Joanna Wozny (Polonia, 1973) terán como referencia a retrospectiva do artista sevillano Luis Gordillo que albergará o CGAC a partir do 30 de xuño e que estará centrada nos puntos e momentos fortes da súa ampla produción. Vertixe Sonora porá á disposición dos compositores unha formación inédita no ciclo, un quinteto con saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica.Un cuarteto de corda e mais un cuarteto con frauta, saxofón, piano e percusión serán as ferramentas que utilicen Oren Boneh (Estados Unidos / Israel, 1991), Francisco Concha Goldschmidt (Chile, 1981), Macarena Sofia Roscmanich Le Roy (Chile, 1981) e Chris Swithinbank (Países Baixos, 1988) para descifrar a obra de Eduardo Batarda a partir da “inquedanza que emana dos procesos de ocultación ou da exhibición iconoclasta da imaxe” na exposición Mise en Abyme.

No cuarto concerto do ciclo, Paul Clift (Australia, 1978), Stefan Maier (Canadá, 1990), Szymon Stanislaw Strzelec (Polonia, 1990) e Dam Tramte (Estados Unidos, 1985) centrarán o seu foco na traxectoria de Álvaro Negro, nas obsesións e reflexións presentes ao longo da súa carreira profesional. Coa soprano Maribeth Diggle, un trío instrumental e electrónica, Vertixe Sonora pecha o ciclo da edición 2017 cun total de 12 estreas absolutas e a presenza de compositores vindos de Australia, Canadá, Chile, Estados Unidos, Países Baixos, Israel, México, Polonia, Reino Unido e Xapón.

Coma nas edicións anteriores, o ciclo converterá o CGAC nun centro de investigación e creación musical con intensas sesións de traballo entre Vertixe Sonora e os compositores en xornadas abertas ao público que incluirán os ensaios previos e charlas cos autores das pezas.

PROGRAMA

CONCERTOS

19 de maio
19:00 h CATÁLOGOS. Celebración do Día Internacional dos Museos
Ramón Souto (España, 1976) Catálogos de sopro, respiración e asubío* (2017) catro compresores de aire e electrónica

12 de setembro
20:30 h CONFESIÓN XERAL
Heather Stebbins (Estados Unidos, 1987) Nova obra** (2017) saxofón, piano, percusión e electrónica
Chikage Imai (Xapón, 1979) Nova obra** (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica
Joanna Wozny (Polonia, 1973) Nova obra** (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica
Jorge Gómez Elizondo (México, 1986 ) Nova obra** (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica

17 de outubro
20:30 h MISE EN ABYME
Francisco Concha Goldschmidt (Chile, 1981) Nova obra** (2017) violín, viola e piano
Oren Boneh (Estados Unidos/Israel, 1991) Nova obra** (2017) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano e percusión
Macarena Sofia Roscmanich Le Roy (Chile, 1981) Nova obra** (2017) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano e percusión
Chris Swithinbank (Países Bajos, 1988) Nova obra** (2017) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano e percusión

19 de decembro
20:30 h ÁLVARO NEGRO
Szymon Stanislaw Strzelec (Polonia, 1990) Nova obra** (2017) soprano, saxofón, piano, percusión e electrónica
Stefan Maier (Canadá, 1990) Nova obra** (2017) saxofón, piano, percusión e electrónica
Paul Clift (Australia, 1978) Nova obra** (2017) soprano, saxofón, piano, percusión e electrónica
Dam Tramte (Estados Unidos, 1985) Nova obra** (2017) soprano, saxofón, piano, percusión, electrónica e vídeo

* Presentación en España
** Estreas absolutas. Encomendas de Vertixe Sonora

ACTIVIDADES PARALELAS

10 de setembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

12 de setembro
19:30 h Conversa cos compositores

15 de outubro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

17 de outubro
19.30 h Conversa cos compositores

17 de decembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

19 de decembro
19:30 h Conversa cos compositores

A entrada a todas as actividades do ciclo é libre e gratuíta até completar as localidades.

COORDINACIÓN: Virginia Villar

VERTIXE SONORA
Maribeth Diggle soprano / Clara Saleiro frauta / Pablo Coello saxofón / José Luis Vázquez tuba / Nerea Rodríguez acordeón / Roberto Alonso, Mario Peris violín / Lorena García viola / Ailsa Lewin, Thomas Piel violonchelo / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión, electrónica e difusión multimedia // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística

cgac      VS-Marca dos lineas color-mini             Imprimir

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.