Galego Español English

CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO “MIHLSons-XXI”

Abr 25, 2016 by     No Comments    Posted under: Novas

 

V CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO

MIHLSons-XXI”

ABRIL E MAIO 2017

A música non está para expresar sentimentos, senón para expresar música”.

Esta célebre frase de Pierre Boulez podería considerarse unha sinopse do cambio de paradigma que na música clásica-contemporánea aconteceu a principios do século XX, tendo como precursores ós compositores da Segunda Escola de Viena (Arnold Schoenberg, Anton Webern e Alban Berg) e que acabaron asumindo as seguintes xeracións de creadores. Música como arte independente, música para a música e avance na técnica como camiño a seguir a costa de rachar coa maior parte das ligazóns co pasado.

(…) dende os descubrimentos realizados polos vieneses, calquera outra composición diferente á dodecafónica é inútil”. Pierre Boulez

Así e todo, o século XX e a súa continuación ata o presente deixou de ter na arte un só camiño ou ‘mainstream’ como tivera ata ese momento, coexistindo innumerables ramificacións estilísticas, estéticas e filosóficas que van dende os abandeirados das vangardas máis rompedoras ata os nostálxicos das linguaxes do pasado.

Co obxectivo de verter luz sobre algunhas das claves que explican o desenvolvemento da música contemporánea en Europa, o V Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” incluirá na súa programación de actividades catro conferencias-concerto nas que se abordarán as liñas estéticas máis importantes e influentes do panorama actual.

Do mesmo xeito e como en anteriores edicións, o ciclo seguirá a incidir na súa finalidade divulgativa a través dun obradoiro de libre improvisación para estudantes de música, un concerto didáctico para escolares e un concerto para todos os públicos a cargo do percusionista Luis Tabuenca e na súa función dinamizadora coa participación do grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, do grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e da pintora Yano Yoro no espectáculo “Six Japanese Gardens”.

Diego Ventoso Fernández

Dirección artística e coordinación do Ciclo

 

CONFERENCIAS – CONCERTOS

Martes 4 de abril ás 20h

Casa do Saber

MÁIS ALÓ DA VANGARDA: NOVA COMPLEXIDADE E NEOTONALIDADE (conferencia)

Pablo Sánchez Quinteiro relator

NOVAS PAISAXES PIANÍSTICAS EN EUROPA (concerto)

Juan Ignacio Martínez Pardo piano

Programa

Alfred Schnittke Sonata para piano nº 3 (1992)

I. Lento

II. Allegro

III. Lento

IV. Allegro

Fernando Buíde Pico sacro (2009)

James Dillon Dragonfly (2009)

Wolfgang Rihm Auf einem anderen Blatt (2009)

Martes 18 de abril ás 20h

Casa do Saber

O AMPLO ABANO DA SONORIDADE: DO SILENCIO Á SATURACIÓN PLENA (conferencia)

Paco Yáñez relator

TORONI (concerto)

Vertixe Sonora Ensemble David Durán piano, Ailsa Lewin violonchelo

Programa

 

Helmut Lachenmann Guero (1969) piano

Ramón Souto Toroni * (2016) piano e violonchelo con obxectos de vibración

*Estrea da versión completa

Martes 25 de abril ás 20h

MIHL

NOVOS HORIZONTES DA ARTE SONORA: RETROSPECTIVA E ACTUALIDADE (conferencia)

Pablo Beltrán Sobrado relator

PC – ELECTRONIC (concerto)

Iván Herranz percusión

Programa

 

Carlos David Perales Teatro de Sombras (2015) caixa e electrónica

Joan Bagés Grans (2014) 3 caixas e electrónica

Vicent Gómez E-udú (2016) udu e electrónica en vivo

Bruno Mantovani Le Grand Jeu (1999) congas, bongós e electrónica

Martes 2 de maio ás 20h

MIHL

CAMIÑOS INTERIORES E CAMIÑOS ABERTOS (conferencia)

Javier María López Rodríguez relator

PUNTOS DE REFERENCIA (concerto)

Ensemble de saxofóns do Conservatorio Superior de Música de Vigo

Gladis Aguiar, Juan Cao, Rubén Fraga,  Alejandro Galansky, Andrea González, María Jesús López, Jorge Martínez, Adrián Montes, Alexandre Rodríguez, Laura Rodríguez, Jorge Rogero e Alejandro Troya

Rafael Yebra e Alejandro Troya dirección musical

Programa                      

Michael Norris Orbits of Influence (2011)  ensemble de saxofóns         

Sofia Gubaidulina Duo Sonata (1977) dous saxofóns barítonos                                                    

Kazuto Miyazawa Versuch über Fractal (1988) ensemble de saxofóns                          

Jesús Torres Tenebrae (2012) cuarteto de saxofóns       

Francisco Guerrero Rhea (1988) ensemble de saxofóns

 

CONCERTO

Venres 7 de abril ás 20:30h

MIHL

AUTORRETRATO

Luis Tabuenca percusión

Alumnado do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

Programa

Participantes do obradoiro de improvisación libre improvisaciónarada

Luis Tabuenca Autorretrato (2013) batería preparada

Luis Tabuenca Corrección (2015) vibráfono e pingas de auga

Luis Tabuenca Anverso/Reverso* (2017) multipercusión

Vinko Globokar ?Corporel (1985) percusión corporal

Luis Tabuenca Como un velo de luz (2016) tambor militar e voz en off

Luis Tabuenca Misericordia 6504 (2016) cine estendido e obxectos

Luis Tabuenca Tántalo (2014) bombo suspendido e voz en off

* Estrea absoluta

ESPECTÁCULO DE MÚSICA E DANZA CONTEMPORÁNEA

Venres 21 de abril ás 20:30h

MIHL

SIX JAPANESE GARDENS

Grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

Íñigo Barreiro, Miguel Carballo, Uxío Domínguez, Brais Pérez, Brais Vázquez e Martín Vázquez

Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

 

Tenju-an Garden of Nanzen-ji Temple, Stone Bridges  (Six Japanese Gardens) e Tres quadros sobre pedra I: Clara Ceide, Lucía Díaz, Adriana González-Redondo, Paloma Lugilde e María Pérez

Fertility Rites I: Lucía Baamonde, Paloma Fernández, Nerea López, Blanca Méndez, Stephania Orozco, Laura Xiao Ouro e María José Pérez

Tres quadros sobre pedra II: Nahir Armada, Laura Carreira, María Díaz, Elisabet Fernández, Aitana Fuentes, Carla Mosteiro, Nuria Otero, Carlota Paz, Claudia Pérez, Cristina Pérez, Candela Rivas e Helena Silva

Tres quadros sobre pedra III:Raquel Ameijide, Sandra Carreira, Carlota Criado, Carlota Díaz, Noa Fágil, Paula Fernández, Alicia García, Paula García, Judith Roca, Ariadna Sánchez, Catalina Li Santos, Lucía Tosar, Xian Varela e Ángela Vázquez

Rock Garden of Ryoan-ji (Six Japanese Gardens) e Na procura do Sisili: Candela Díaz (só Na Procura do Sisili), Ángela Gay, Serea López, Paula López, Carlota Pardo, María Rey, María Rodríguez e Paula Leonor Rodríguez

Moss Garden of the Saiho-ji (Six Japanese Gardens): Lucía Baamonde, Patricia Cachorreiro e Blanca Méndez

Giving Birth to Thunder (Coyote builds North America): Teresa Delgado, Paloma Fernández, Carlota Gómez, Nerea López, Paula Martínez, Stephania Orozco, Laura Xiao Ouro, Laura Pan e María José Pérez

Silvia Victoria Eijo (Stone Bridges), Alba Felpete (Tenju-an Garden of Nanzen-ji Temple e improvisación de Rock Garden of Ryoan-ji), Ana Belén Ferreiro (improvisación de Fertility Rites I e Na procura do Sisili), Reyes González (Giving Birth to Thunder), Julia Penado (Tres quadros sobre pedra II e III) e Xiana Vilas (improvisación de Tres quadros sobre pedra I e Moss Garden of the Saiho-ji) coreografías

Yano Yoro pintura en vivo

Diego Ventoso dirección musical

Programa

 

Kaija Saariaho I: Tenju-an Garden of Nanzen-ji Temple (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza

Christos Hatzis Fertility Rites I (1997) marimba, electrónica e danza

Kaija Saariaho II: Many Pleasures (Garden of the Kinkaku-ji) (Six Japanese Gardens) (1995) percusión e electrónica

Luis Antunes Pena Tres quadros sobre pedra I e II (2008) percusión, electrónica e danza

Kaija Saariaho III: Dry Mountain Stream (Six Japanese Gardens) (1995) percusión e electrónica

Luis Antunes Pena Tres quadros sobre pedra III (2008) percusión, electrónica e danza

Kaija Saariaho IV: Rock Garden of Ryoan-ji (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza

Pablo Beltrán Na procura do Sisili (2015) cuarteto de percusión, electrónica e danza

Kaija Saariaho V: Moss Garden of the Saiho-ji (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza

John Luther Adams Giving Birth to Thunder (Coyote builds North America) (1990) cuarteto de percusión e danza

Kaija Saariaho VI: Stone Bridges (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza

OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN MUSICAL LIBRE

Venres 6 de abril de 17h a 20h

Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

Luis Tabuenca profesor

CONCERTO DIDÁCTICO PARA ESCOLARES

Venres 7 de abril ás 11h

MIHL

A IMPROVISACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE CREACIÓN MUSICAL

Luis Tabuenca presentación e percusión

ENTRADA DE BALDE ata completar aforo en todos os concertos

 

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.