Galego Español English

Homenaxe a Francisco Toledo

Nov 30, 2014 by     No Comments    Posted under: Concertos
VERTIXE VIGO 2014
Domingo 30 de Novembro, 21:00
La Caja
Camiño da Veiguiña 35
36208 Alcabre, Vigo

Concerto de VERTIXE SONORA ENSEMBLE

HOMENAXE A FRANCISCO TOLEDO
PROGRAMA

VICTOR IBARRA (México, 1978) Homenaxe a Francisco Toledo (ESTREA MUNDIAL)
Concerto para saxofón e ensemble

HENRIK DENERIN (Suecia, 1991) Rhyzom (ESTREA MUNDIAL)
frauta contralto ( picc.), saxofón soprano, piano, percusión, cello

MADAMME CELL (Vigo, 1969) Obra Nova (ESTREA MUNDIAL)
frauta, saxofón, guitarra eléctrica, percusión, piano

VERTIXE SONORA ENSENBLE
Alessandra Rombolà: frauta / Pablo Coello: saxofón / Celia Adrián: acordeón / Marcos Escobar: violín / Thomas Piel: violonchelo / Angélica Vázquez: harpa / Rubén Barros: guitarra eléctrica / David Durán: piano / Diego Ventoso: percusión

co apoio de IBERMUSICAS e o FONCA (México)


Como resultado da residencia artística que o compositor mexicano Victor Ibarra vén de desenvolver o derradeiro ano en Vigo froito da colaboración co programa Ibermúsicas e o FONCA de México, presentamos Homenaxe a Francisco Toledo. Recorrendo algunhas das súas persistentes monomanías, Victor Ibarra presenta un minucioso e sistemático traballo de orfebrería sonora, salpicado de impulsivas e incontroladas ráfagas de improvisación libre e unha recurrente e obsesiva presenza das imaxes. As estreas mundiais de Henrik Denerin e Madamme Cell reflexan ámbolos dous estremos da súa investigación. En Madamme Cell atopamos a un dos maiores e libérrimos ácratas salvaxes sonoros peninsulares e en Denerin a un compositor refinadísimo da grande escola nórdica. Tres estreas mundiais coas que clausurar a presente edición do vertixeVIGO.

+ info: http://www.vertixevigo.net/


logos concello

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.