Galego Español English
Sábado 18 de novembro 19:30 h.
SEXTO EDIFICIO MUSEO DE PONTEVEDRA , Pontevedra

MÚSICA (IN)VISIBLE

Ensemble TaG

GRATUITA ATA COMPLETAR AFORAMENTO


A música ten un impacto moi forte na percepción visual como ben pode apreciarse, por exemplo, nas bandas sonoras das películas. Tamén o aspecto visual dun recital ten unha significativa influencia na percepción da música. O sentido visual é preponderante e está hoxe máis que nunca desenvolvido, polo que non é sorprendente que podamos afirmar que escoitamos un concerto tamén cos ollos. A música que propoñemos subliña este feito combinando obras con texturas moi sensuais cun enorme potencial para suxerir fortes imaxes visuais nos oíntes: os sons espectrais de Sciarrino e Scelsi, as poderosas oscilacións en Schaukel (Randeeira), a puxanza rítmica en Rolda ou o forte contraste do branco e o negro en Schwarzweiss (branco/ negro). Por último a obra de Mischa Käser fai referencia á figura do artista Max Ludwig Nansen na novela Der Deutschstunde (traducida como Lección de alemá) de Sigfried Lenz.

Integrado por 8 músicos de Winterthur e os seus arredores e fundado en 1992, o Ensemble TaG ocupa un lugar central na vida cultural da cidade de Winterthur (Suíza) e é ensemble residente no Theater am Gleis (TaG) desta cidade. Firmemente comprometido coa produción musical actual, tal como demostran as súas moitas estreas de obras de compositores e compositoras contemporáneos, elaboran proxectos conxuntos con colaboradores habituais como a Vila Sträuli e o Conservatorio de Winterthur, así como tamén con institucións musicais tales como o Kammerchor Winterthur e a Zürcher Hochschule der Künste.

EDU HAUBENSAK. Schwarzweiss para piano só
STEFAN KELLER. Schaukel para piano violín e viola
SALVATORE SCIARRINO. Piano Trio Nr. 2  para violín, violonchelo e piano
GIACINTO SCELSI. Dúo para violín e chelo
MISCHA KÄSER Das Bild des M.L.N. (1983) para violín só
FRANCO DONATONI Ronda para violín, viola, violonchelo e piano

ENSEMBLE TAG Mateusz Szczepkowski violín  | David Schnee viola | Alex Jellici violonchelo | Rafael Rütti piano