Galego Español English
Sábado 11 de novembro 20:00 h
MARCO , Vigo

DOCTRINA SCHOLASTICA NOCET AD INTELLIGENTIAM SANCTARUM SCRIPTURARUM

Sisco Aparici

GRATUITA ATA COMPLETAR AFORAMENTO


Celebración XV aniversario do MARCO

Do mesmo xeito que os fragmentos dunha vasilla, para facelos calzar, débense seguir o un ao outro ata nos máis mínimos detalles, pero non teñen necesidade de asemellarse entre si, así, no canto de asemellarse ao sentido do orixinal, a tradución debe máis ben, amorosamente e en detalle, na súa propia lingua, tomar forma de acordo á maneira de significar do orixinal, para que ambos sexan reconocibles como as partes crebadas dunha linguaxe máis vasta, tal como os fragmentos son as partes crebadas dunha vasilla.
Walter Benjamin, A tarefa do tradutor (tradución de Andrés Claro)

Frei Luís de León é unha figura indispensable para entender o Renacemento español. Convertida en símbolo da resistencia fronte a un poder opresor representado na Inquisición, a súa vida mostra un apaixonante contraste entre o mundanal ruído e a procura da harmonía interior. No prólogo á súa revolucionaria (e causa de prisión) tradución do Cantar dos Cantares inspírase José Luís Torá (Madrid, 1966) para reflexionar xunto a Benjamin na tarefa do tradutor en declarar a corteça da letra (wie Scherben […] eines Gefäßé) (2013) para “instrumento sonoro híbrido (conco de cuarzo (cristal) cheo de auga sobre a cal flota unha cortiza de cabaza (vexetal); xunto ao cristal disponse un conco tibetano (metal)” etc. En Mineral Life (2010) Hèctor Parra (Barcelona, 1976) sorpréndenos cunha partitura para multipercusión inspirada na “Genetic Takeover” do biólogo escocés Graham Cairns-Smith, teoría que atribúe a orixe da vida no planeta á replicación mineral (cristais inorgánicos replicativos, en evolución constante e adaptados ao medio). Hylé, madeira en grego clásico e termo que Aristóteles utilizou para definir a materia en xeral é o título da obra de Alberto Posadas (Valladolid 1967) na que a marimba é intervida con diferentes elementos (metal, goma, poliestireno, plástico, papel, cana). Fantasies of Downfall (2015, rev. 2016) do “enfant terrible” Johannes Kreidler (1980) establece un orixinal xogo de relacións visuais e sonoras.

Apaixoado da creación contemporánea, o valenciano Sisco Aparici dedica toda a súa actividade interpretativa á música actual. Mantendo un intenso traballo de creación de novas obras cos compositores do noso tempo.

HÈCTOR PARRA Mineral Life (2010) multipercusión
JOHANNES KREIDLER Fantasies of Downfall (2015, rev. 2016) vibráfono, electrónica y video
JOSÉ LUIS TORÁ declarar la corteça de la letra (wie Scherben […] eines Gefäßes) 23’ (2013) para instrumento híbrido
ALBERTO POSADAS Hylé (2013) Marimba preparada con instrumentos auxiliares

Sisco Aparici, percusión