Galego Español English
Venres 20 de outubro 20.30 h.
SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DA CULTURA , Pontevedra

A BATALLA DE DON CARNAL E DONA CORESMA

Ensemble Sillages

GRATUITA ATA COMPLETAR AFORAMENTO


Neste segundo concerto Sillages ofrecerá unha exquisita velada de música de cámara. Na famosa pintura de Pieter Bruegel, que representa unha loita de contrarios -cuxo equivalente literario podería ser o combate entre Coresmaxestante e o Exército das Morcillas do Cuarto Libro de François Rabelais- inspírase Mauro Lanza (Venecia, 1975) para compoñer esta obra para cello e piano. Coa mesma formación escoitaremos o rabioso manifesto estético e político de Raphaël Cendo  (Milán, 1956), Furia. Así mesmo a exploración da luz que acomete Luca Francesconi  (Milán, 1956) en Animus II para viola e electrónica. E como remate, o segundo cuarteto do mestre mexicano Torres Maldonado (Chetumal, Quintana Roo 1968) baseado no Canto V de Altazor de Huidobro.

JAVIER TORRES MALDONADO Cuarteto de cordas n°2* para cuarteto de cordas
RAPHAËL CENDO Furia para piano e violonchelo
MAURO LANZA A batalla de Don Carnal e Doña Coresma** para violonchelo e acompañamento de piano
LUCAS FRANCESCONI  Animus II para viola e dispositivo electrónico

*axuda á composición do estado para o ensemble Sillages
**encomenda do ensemble Sillages e da Académie Schloss de Stuttgart

ENSEMBLE SILLAGES: Lyonel Schmit, Sullimann Altmayer violín | Gilles Deliège viola | Ingrid Schoenlaub cello  | Vincent Leterme piano