Galego Español English
Domingo 22 de outubro 20:30 h.
SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DA CULTURA , Pontevedra

DIE WANDERUNG

Vertixe Sonora

GRATUITA ATA COMPLETAR AFORAMENTO


Die Wanderung, 2016-17 para 5 instrumentos e electrónica (Kompositionsstipendium 2015 polo Departamento de Cultura da cidade de Berlín) é un ciclo de seis pezas nas que se explora o espazo como un compoñente, un parámetro máis do material sonoro. Nas tres primeiras pezas (os sós de acordeón, saxofón tenor e chelo, con electrónica en vivo) cada músico propón un material que será “lido” e analizado en tempo real pola electrónica que desenvolve, simultaneamente, un dobre do son instrumental. No segundo set (os sós de frauta e arpa e a obra final do conxunto ao completo), os instrumentistas escoitan a través de auriculares as transformacións electrónicas das tres primeiras obras e as reinterpretan. En Die Wanderung (vagabundaxe, migración), Lula Romero proponnos un diálogo continuo de interpretacións entre partitura, intérpretes e electrónica en vivo, onde o “real” non existe senón que é creado a medida que se interpreta e reinterpreta, desenvolvendo un complexo armazón no que material, estrutura e obra elabóranse e modificánse continuamente.

LULA ROMERO. Die Wanderung*  I, II III IV V VI (2017) para frauta, saxofón tenor, arpa, acordeón, violonchelo e electrónica en vivo
* estrea absoluta, Kompositionsstipendium 2015 polo Departamento de Cultura da cidade de Berlín

VERTIXE SONORA [intérpretes neste concerto]
Clara Saleiro frauta | Pablo Coello  saxofón | Nerea Rodríguez acordeón | Alisa Lewin violonchelo | Angélica V. Salvi arpa | Ángel Faraldo electrónica