Galego Español English
Venres 28 de outubro 20:30 h.
Capela no Cemiterio Municipal de San Amaro , Pontevedra

Tombeau et double

Desjardins-Anzellotti


Solemne, de ritmo lento e carácter meditativo, o tombeau era no XVII francés, unha peza instrumental de loito de carácter lamentoso en homenaxe a un contemporáneo morto recentemente. O dobre, unha sombra –dúas ou tres veces máis rápida que o orixinal– cun movemento constante de notas que, en forma de variación, interpolábase nas danzas. No marco da Primeira Guerra Mundial Maurice Ravel recuperou o tombeau na súa particular homenaxe a Couperin. Alberto Posadas, un dos compositores españois de maior consideración internacional, conecta no seu Tombeau et Double para viola sola, pasado e futuro nunha reflexión que conmemora o pasamento do seu amigo Gerard Mortier, director artístico do Teatro Real entre 2010 e 2013 e unha figura de referencia da ópera internacional. Completan o programa Do auga facendo xemidos…. de Rebecca Saunders, de Marco Stroppa, Somos aire non terra, creada a partires da cita do filósofo georgiano Merab Mamardashvili e que recolle a Nóbel Svetlana Alexievitch na súa obra A oración, e Peiteade o vivo de Gerard Pesson, libremente inspirada no Maestoso da sexta sinfonía de Bruckner e no Harold en Italia de Berlioz.

Christophe Desjardins e Teodoro Anzellotti están considerados cada un no seu instrumento como auténticos mestres da interpretación. Dous artistas que reúnen ética musical, profundidade espiritual e unha perfección técnica que roza o inefable.

REBECCA SAUNDERS (REINO UNIDO, 1967) …of water making moan* acordeón só
GÉRARD PESSON (FRANCIA, 1958) Peignez le vif * acordeón e viola
ALBERTO POSADAS (ESPAÑA, 1967) Tombeau et double* viola
MARCO STROPPA (ITALIA, 1959) Nous sommes l’air, pas la terre* acordeón e viola

*PRESENTACIÓN EN ESPAÑA

DESJARDINS-ANZELLOTTI Christophe Desjardins viola | Teodoro Anzellotti acordeón

Co apoio do Institute Français


Comprar entrada Comprar abono 6 concertos