Galego Español English
Sábado 12 de Novembro 20:30 h.
MARCO , Vigo

A araña como artista

Séverine Ballon

XIV ANIVERSARIO DO MARCO
Entrada gratuíta ata completar capacidade


A Araña como Artista
Nunca foi contratada
Aínda que o seu Mérito sobresaínte
Está máis que probado

Por toda Escoba e Criada
que nos topemos en Terra Cristiá–
Abandonada Filla da Xenialidade,
Eu tómoche da Man —

Emily Dickinson (1830-86). Poesía Completa 1924. Tradución libre Álvaro Cifuentes.

A imaxe dun músico abrazándoo completamente outorga unha peculiar e paradoxal intensidade expresiva ao violoncelo como instrumento solista. A necesidade de percorrelo na súa totalidade para obter toda clase de sons–acariñándoo coas mans, frotándoo cun arco nun movemento continuado– provoca que o intérprete pareza completamente envorcado, absorto na súa comuñón privada.

Curvada, tensa e alerta sobre o seu instrumento, a postura física de Séverine Ballon tocando acentúa este paradoxo e móstranos a unha muller-violoncello, un ser fantástico cuxas extremidades se prolongan no instrumento coma se das ramas dunha árbore se tratase, coma unha laboriosa araña cuio invisible tecido nos cinguira.

A araña como artista recolle, a partir do marabilloso poema de Emly Dickinson e a peza do mesmo título de Franck Bedrossian, obras para violoncello só que mutaron a personalidade do instrumento para convertelo nun obxecto sonoro completamente transcendido. Conducidos pola sensibilidade de Séverine Ballon pisaremos paraxes nas que a soidade do solista e o seu instrumento brilan desde a ausencia.

A gran cellista francesa Séverine Ballon é unanimemente recoñecida como unha das grandes intérpretes do noso tempo. Unha artista que exerce, como compositora, improvisadora, e músico total unha hexemonía sobre o instrumento que a converteu en moi poucos anos nunha artista de referencia.

PARTE I

HELMUT LACHEMANN (ALEMAÑA, 1935) Presión (1969-70) para violoncello só

REBECCA SAUNDERS (REINO UNIDO, 1967) Solitude (2013) para violoncello só

FRANCK BEDROSSIAN (FRANCIA,1971) A araña como artista (2014) para violoncello só

PARTE II

SÉVERINE BALLON (FRANCIA 1980) Descoñecemento (2016) para violoncello só

CHAYA CZERNOWIN (ISRAEL, 1957) Adentium capillus veneris non. I* / Cancións do silenciado (arr. Séverine Ballon, 2015) para violoncello só

LIZA LIM (AUSTRALIA, 1966) Un océano máis aló da terra* (2016) para violoncello só unido a un violín por un fío

*PRESENTACIÓN EN ESPAÑA

 

SÉVERINE BALLON, violoncello


Comprar abono 6 concertos