Galego Español English

Promove


Desde a súa aparición en 2010, Vertixe Sonora Ensemble converteuse nun auténtico revulsivo da sociedade española. A súa permanente estrea de obras novas permite que Galicia participe da creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante. Un referente insubstituíble para a última xeración internacional de compositores que atopa nas súas producións a oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva global e en permanente estado de convulsión, en procura da excelencia artística.

Integrada por artistas sonoros e destacados solistas de música contemporánea, Vertixe Sonora Ensemble mantén unha constante interlocución con artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e da danza. A partir dunha consciencia da multiplicidad no achegamento ao sonoro, establece un constante diálogo e interacción co pensamento, coa ciencia, coa tecnoloxía e con outras formas artísticas desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural, para favorecer un espazo aberto á reflexión, á discusión e ao intercambio no campo da música contemporánea, que non renuncia nin ao rigor, nin á transgresión, nin ao espírito de vangarda.

Vertixe Sonora desenvolve unha programación diversificada que dinamiza o ecosistema cultural europeo, favorecendo o intercambio e a cohesión a través da música do noso tempo. O ciclo Música e Arte: Correspondencias Sonoras (CGAC) e sonUTopías (campUSCulturae, da Universidade de Santiago de Compostela), o Festival Internacional de Creación Musical Contemporáneo Vertixe Sonora en Vigo e Pontevedra ou o ciclo MIHLsons, na cidade de Lugo, son algunhas das achegas que están a renovar os públicos de música en Galicia.

O compromiso por divulgar a música do noso tempo e ampliar o seu público lévaos a organizar os cursos de divulgación musical Aguzar o Oído (MARCO, Vigo), os Encontros Internacionais de Música Contemporánea – cAuSaL, obradoiros de composición e charlas abertas…

O seu labor foi recollido nas documental Correspondencias sonoras (2013), do cineasta Manuel do Río

www.vertixesonora.net

Keiko Murakami, Clara Saleiro frauta | Felipe Agell clarinete | Roberto Baltar oboe | Jesús Coello fagot | Pablo Coello saxofón | Benxamín Iglesias, Luís Duarte trompa | Iago Ríos trombón | Vadzim Yukhnevich, Isidro García acordeón | Roberto Alonso, Mario Peris, Kiyoko Ohasi violín | Alglaya González viola | Ailsa Lewin, Thomas Piel cello | Carlos Méndez contrabaixo | Angélica Vázquez arpa | David Durán, Haruna Takebe piano | Diego Ventoso percusión | Ángel Faraldo electrónica

Dirección Artística – Ramón Souto
Dirección Musical – Pablo Coello
Programación – Ignacio Barcia, Mateu Malondra, Iván Ferrer-Orozco, Xoan-Xil López, Ángel Faraldo, David Durán, Diego Ventoso
Produción – Juan Collazo
Administración – Blanca Viñas
Comunicación – Arantxa Estévez