Galego Español English

En paralelo


AGUZAR O OÍDO III Curso de achegamento á música contemporánea

En colaboración co MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, ponse en marcha a 3ª edición do curso AGUZAR O OÍDO, proposta de divulgación de música contemporánea e arte sonora. Nesta ocasión, e no contexto do Festival Vertixe, o curso consiste en nove sesións de charlas previas a cada un dos concertos do Festival, a cargo de distintos profesionais, ademais da asistencia a todos os concertos incluídos no programa. As sesións comezarán 45 minutos antes de cada concerto no espazo correspondente e terán unha duración de 30 minutos.

Relatores: Emilio Lede e relatores convidados. Coordinador: Ignacio Barcia
Prezo 60€ (50€ para estudantes, membros da AAM, e asistentes ao Curso Aguzar o oído en anteriores edicións). + INFO inscricións en info@marcovigo.com

 

FORO INTERNACIONAL cAuSaL16. Obradoiros, cursos e conferencias de arte sonora e música contemporánea

En colaboración co Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o Grupo de Investigación DX7 da Universidade de Vigo

Espazo de discusión ao redor da composición de música contemporánea no que compositores cunha traxectoria consolidada e novas promesas do panorama internacional falarán dos procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. cAuSaL está aberto a compositores, instrumentistas, estudantes e aquelas interesados no acontecer sonoro que desexen achegarse.

Obradoiros – Facultade de Belas Artes de Pontevedra

ENTRADA GRATUITA ATA COMPLETAR CAPACIDADE

Mércores 12 de outubro e xoves 13 de outubro
Mércores 12 de 10:00 a 14:00 e xoves 13 de 12:00 a 14:00
CREATIVIDADE SONORA con Michelle Agnes

Luns 12 e martes 13 de decembro
mañás 11:00 a 13:00/ tardes 16:30 a 19:30
SNDTRCK con Eduardo Moguillansky

Conferencias – Conservatorio Superior de Música de Vigo

ENTRADA GRATUITA ATA COMPLETAR CAPACIDADE

Mércores 2 de novembro
11:00 h. a 12:00 h.
TROIS FOIS SILENCE con Januibe Tejera CSM Vigo

Venres 9 de decembro
11:00 a 13:00 h.
DROIT SUR LES CLOCHES con Eduardo Moguillansky

Venres 18 de novembro
11:00 a 14:00 h.
LUZ-NON-LUZ Anahita Abbasi, Bernardo Barros, Eduardo Caballero

 

ALIEN 2016. Obradoiros instrumentais – CSM de Vigo

En colaboración co Departamento de Corda do Conservatorio Superior de Música de Vigo e do Departamento de Acordeón do Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Sábado 29 de outubro Christophe Desjardins, viola + INFO: inscricións e prematrícula
Sábado 29 de outubro Teodoro Anzellotti, acordeón + INFO: inscricións e prematrícula

Prezo alumnos activos Conservatorio Profesional de Vigo: 40 €. Outros conservatorios profesionais: 50 €. Conservatorio Superior de Vigo: 60 €.  Outros conservatorios superiores ou titulados: 70 €. Prezo alumnos ouvintes 15€.

 

MÚSICAPORDENTRO2016

Proxecto de achegamento ao feito sonoro para Primaria e Secundaria
Coordina Jaime Estévez

Gratuito ata completar capacidade por riguroso orde de inscrición + INFO: inscricións en: info@vertixesonora.net