Galego Español English

Jeff Wall: Retrato Sonoro

Jeff Wall: Retrato Sonoro
Jeff Wall: Retrato Sonoro
  • Data Martes, 29 de Novembro de 2011, de 20:30 a 22:00
  • Lugar CGAC, Santiago de Compostela
Organización

MARTES 29 NOVEMBRO 2011, 20:30 CGAC (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

JEFF WALL: RETRATO SONORO / Ensemble Vertixe Sonora
frauta, saxofón, violoncello, contrabaixo, piano e percusión

Obras* de Víctor Ibarra, George Dousis, Mauricio Pauly, Lula Romero e Fran MM Cabeza de Vaca
* Estreas absolutas. Encargos de Vertixe Sonora

ás 19:00 Música e imaxe: fecundae relatio Emilio Lede (musicólogo)


“Co gallo da exposición Jeff Wall. O camiño sinuoso, comisariada por Joël Benzakin e organizada polo Centro de Belas Artes de Bruxelas (Bozar) en colaboración co CGAC, o VERTIXE SONORA ENSEMBLE convidou a cinco compositores de ámbito internacional a establecer un diálogo ao redor da obra e o pensamento do artista canadense, un dos máis influentes no campo da fotografía das últimas décadas. A resposta foi entusiasta e o programa que hoxe presentamos —un capítulo máis na xa longa e frutífera tradición de mutua retroalimentación entre artes visuais e musicais— é o resultado dese esforzo”

» Descargar programa concerto

Como chegar
  • CGAC
  • Rúa do Vilar, 15705 - Santiago de Compostela