Galego Español English

AGRUPAR_DESAGRUPAR

AGRUPAR_DESAGRUPAR
  • Data Martes, 28 de Xuño de 2016, de 20:30 a 21:45
  • Lugar CGAC, Santiago de Compostela
Organización

MÚSICA E ARTE

CORRESPONDENCIAS SONORAS 2016

Segundo concerto

PROGRAMA

Adaptación da banda sonora The Soul of O. Nermaud, da película MACHINES À RR de Isaac Pérez Vicente (2015-2016)

José Subía (Ecuador, 1985) Dianoia* (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo e electrónica en vivo

Henrik Denerin (Suecia, 1978) O ew’ge Nacht* (2016) violonchelo, piano e electrónica en vivo

Eduardo Flores (Ecuador, 1960) Cauces* (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo e piano

Iván Ferrer (México, 1976) Wild Ox* (2016) saxofón, violín, piano e EJ (electronics device jockey)

Ivo Nilsson (Suecia, 1966) Anacrusi* (2016) feedback e ensemble

*Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA Monika Streitová frauta / Pablo Coello saxofón / Roberto Alonso violín / Ailsa Lewin, Thomas Piel violonchelo / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Xoán Xil electrónica e difusión de son / Ramón Souto director // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística

Tal e como indican os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, a exposición Agrupar_Desagrupar “centra o lente nunha serie de artistas de propostas estéticas heteroxéneas e multifacéticas […] Creadores que comparten moi poucas propostas, agás quizais a conciencia do desgaste do imaxinario expresionista, identitario e antropolóxico que durante os anos previos á súa eclosión dominara o ámbito internacional (e o local) da plástica do momento; artistas especialmente sensibles ao retorno das correntes conceptuais e minimalistas; artistas renitentes a calquera ordenación de carácter grupal ou xeracional (moi acertadamente foron denominados nalgunha ocasión como xeración sen xeración); en definitiva, artistas que xa só poden buscar respostas individuais nun mundo dominado pola ausencia de rumbos predeterminados, e no que a desorientación se ve sobredimensionada polo exceso de información”.

Tamén os cinco compositores que estarán presentes neste concerto, aínda que nalgúns casos compartan orixe cultural ou xeográfica, desenvolven as súas propostas musicais por exploracións estéticas ben diferentes. Para a confección deste programa asignouse aleatoriamente a cada compositor, sen premisas ou afinidades estéticas predeterminadas, a creación dunha peza musical relacionada con cada un dos artistas, á espera de atopar espazos musicais inéditos dende a óptica da diversidade estética por partida dobre: a dos artistas e a dos compositores.

Dianoia, de José Subía, e o primeiro resultado presentado neste concerto, froito da exploración do traballo de Carme Nogueira. Se dianoia, palabra de orixe grega, se define como “razón discursiva” e involucra un proceso de asimilación de coñecemento a través da progresión de premisas e a conclusión respecto a elas, esta obra, tal e como indica o compositor, “pode pensarse coma un proceso similar xa que non existirá información inmediata que revele a estrutura musical, algo parecido ao que ocorre nas artes plásticas contemporáneas onde existe un proceso latente de construción na obra mesma, máis non na súa pre-produción, remarcando o seu estado efémero. Dianoia é unha obra que representa un capitulo novo na miña busca artística. O proceso especulativo sobre o meu propio traballo durante os meus estudos de doutorado empuxáronme hacia unha busca de procesos, ou progresión de premisas. A conclusión sobre ditas premisas ocurrirá hoxe, neste concerto cando a obra cobre vida por primeira vez”

Henrik Denerin centrou a súa atención no traballo A memoria interior de María Ruido, e se ben a construción da memoria podería ser unha das conexións entre as súas obras, o que de inmediato impactou ao compositor “foi o principio onde, en completa escuridade, oíase Nur Stille, Stille de A Frauta Máxica de Mozart”. Denerin tomou o título da súa peza, O ew’ge Nacht (Oh, noite eterna), desta ópera:un recitativo corto, con preguntas acerca da vida despois da morte, a vida eterna e o amor. Se o recitativo é unha mensaxe do máis alá, a música loita, a través dos intérpretes (como algúns tipos de figuras deformadas de Papageno e Pamina), tratando de facer unha pregunta. O efecto da loita é dobre, xa que mentres a música en si articula unha busca a través do material potencial, o intérprete enfróntase cunha notación de gran complexidade da que debe ser extrapolada unha interpretación. Neste sentido, a loita non é só a da situación de interpretación extrema, senón tamén a de crear unha peza de música de significación real.

Ofrece (ou trata de ofrecer) unha narrativa reflexiva do que é estar no mundo; nunca se pode aspirar a ser obxectivo ou a dicirlle a alguén algo novo, pero, sen embargo, si a reter a posibilidade de que un podería, na narración, dalgún modo toparse con algo destacable; a composición musical (e, por extensión, a escoita) coma un intento de poñer orde nun (ficticiamente) descomposto remanente de … ¿qué? ¿O pasado distante? ¿As profundidades do subconsciente? (¿A memoria interna?) Cando o coro responde á pregunta de Tamino “Oh, noite eterna, ¿cando desaparecerás?” representan unha chamada do máis alá e proporcionan dúas respostas: á pregunta de cando deberá atopar a luz, o agonizante Mozart recibe a resposta “Pronto, pronto ou nunca máis”, e o silábico canto do nome de “Pa-mi-na” convértese nun encantamento …”

Para Eduardo Flores, “o primeiro encontro coa obra artística de Simón Pacheco significou a inmersión espontánea nun sen número de condutos cheos de enerxía, ideas e asociacións liberadas no espazo e tempo con direccións diversas, onde o primeiro impulso de movemento ten prioridade fronte a un ou outro posible desenlace dentro do proceso de creación.

Contemplación, tratamento e aprendizaxe como factores do coñecemento empírico para unha achega construtiva á obra artística de Simón Pacheco. A simulación dun impulso ou movemento por medio dun trazo lineal sobre un plano xenerou a creación dunha forma determinada no espazo euclidiano. Este primeiro resultado tratado logo nun procedemento algorítmico de transformación e en concordancia con parámetros musicais específicos de instrumentos dados (frauta, saxofón, violín, violonchelo e piano) logra como consecuencia a creación dunha estrutura musical con cinco cauces ou modelos diferentes para a composición da obra musical.

Nun segundo procedemento de modificación irrómpese na orde xeral da estrutura dando desta maneira unha nova bifurcación á suma musical das partes”

De Wild Ox, Iván Ferrer indica que “é a intuición o elemento fundamental da obra, tanto para a súa creación como para a súa recreación. A intuición coma especie de coñecemento previo a calquera idea ou concepto e como condición necesaria para esta. Citando á artista Pamen Pereira: “O traballo comenza cara adentro, as cousas atópanme e non me enfronto a elas coa intención de buscar unha lóxica racional”. O son -materia e enerxía- é o medio para conformar unha experiencia na que a forma é o límite que se fixa aos sentidos e ao pensamento para, contrario ao que se cree, non tentar dotala de significado, senón para suspender o xuicio durante un presente constante que conten en potencia un inicio e un final. O son acústico e electrónico, a acción, o xesto, son materiais que como a pedra, a madeira, a obsidiana ou os ósos nas obras de Pereira, son situados mediante un coidadoso proceso – neste caso a interpretación das instrucións contidas na partitura e a escoita atenta – para animar un conatus que é resultado de dotar a cada son do seu xusto valor no espazo. Unha vez presente, este conatus resoará en cada espírito atento, e esa vibración producirá entón a intuición de algo que é de feito inefable; o chamamos música, pero tamén podería chamalo amor, ou baleiro.

O título da peza fai referencia á fantástica e enigmática obra La doma del buey de Pamen Pereira, que a súa vez está relacionada coas pinturas e poemas do mesmo nome do mestre Zen Kakuan. O boi é unha metáfora da mente, da conciencia, que é necesario dominar para poder acceder ao satori.”

Se para Jorge Barbi, un dos seus postulados éticos e estéticos é “a súa entrega sen miramentos ao instante fugaz do achado e a contemplación”, Anacrusi, a obra de Ivo Nilsson que pecha este concerto, “é un intento de capturar o momento previo ao son. Ou onde a música cambia de dirección hacia outro fluir ou hacia outro paso. A anacrusa – a respiración – o arco arriba – na que aquelo que está por vir xa está incluído”.

O concerto iniciarase coa adaptación por parte do ensemble da banda sonora The Soul of O. Nermaud da película MACHINES À RR de Isaac Pérez Vicente, nunha recreación acústica a cargo da percusión, o piano e o saxofón con sutís transformacións electrónicas.

Os compositores

Henrik Denerin. Suecia, 1978

www.denerin.org

A súa formación inclúe un Master en Composición con Luca Francesconi na Malmö Academy of Music, así coma estudos con Karlheinz Stockhausen e obradoiros con Brian Ferneyhough, Mathias Sphalinger, Per Nørgård e co musicólogo Richard Toop entre outros. Estudou filosofía matemática na LMU en München e o idioma chino. Recibiu numerosos premios e becas, como a do Swedish Arts Council, FST, a Royal Swedish Academy of Music, Swedish Performing Rights Society e outros. As súas partituras están publicadas en babelscores.com. É membro da FST (Sociedade de Compositores suecos) desde 2011, membro a sección sueca do ISMC, da Swedish Performing Rights Society y membro directivo do Levande Musik de Gotemburgo.

Desenvolve unha prolífica e activa carreira prolífica a nivel internacional, principalmente como compositor, pero tamén como improvisador. Como compositor ten colaborado con numerosos artistas e ensembles de prestixio internacional.

A súa música foi interpretada en Europa, Asia e América por grupos e músicos como Ensemble Recherche, Ensemble Aleph, Odysseia Ensemble, Curious Chamber Players, Vertixe Sonora Ensemble, mise-en semble, Alice Purton (Distractfold Ensemble) ou Florentin Ginot (MusikFabrik).

Como compositor en residencia co Odysseia Ensemble a súa obra seals I para violín só e ensemble foi estreada en 2015 e seguida con máis encomendas para 2016-17. Henrik foiu premiado no 7th International Forum for Young Composers 2014 co Ensemble Aleph esta colaboración está aínda en curso coa recente estrea de monade en París, 2016.

As súas obras foron programadas en festivais internacionais de música contemporánea, como o ISCM, Nordic Music Days, Donauechingen, Darmstadt Ferienkurse, Festival Mixtur, Melbourne International Arts Festival, Vertixe Vigo Festival, Festival d’Aujourd’hui à Demain e outros.

Iván Ferrer. México, 1976

www.noesbarco.blogspot.com

Artista sonoro, compositor e emprendedor cultural con obras e iniciativas relacionadas coa música contemporánea, o arte sonoro e as novas tecnoloxía que foron presentadas en México, EUA, España, Alemaña, Canadá, Arxentina, Chile, Corea del Sur, Chipre e Italia. Foi artista residente en institucións de Europa, Asia e América e foi recoñecido en diversos concursos internacionais como creador sonoro e compositor de música instrumental, electroacústica e mixta. Realiza tamén unha activa labor como consultor no terreo de la xestión cultural colaborando con artistas, fundacións, asociacións e outras institucións privadas e públicas de España y México. Actualmente é director artístico e produtor de InterAcciona, Plataforma de Creación con Novos Medios en México, arts consultor na consultora Acelerador de Artistas e responsable de produción e novos medios do grupo NEOPERCUSIÓN. Actualmente é profesor no curso de Artes Dixitais e Deseño de Experiencias do IED Madrid..

Eduardo Flores. Ecuador, 1960

www.eduardoflores.de

Iniciou os estudos musicais no Conservatorio Nacional Antonio Neumane en Ecuador. En Alemaña estudou composición musical con Bojidar Dimov no Conservatorio de Colonia, continuando os seus estudos na Universidade das Artes Folkwang en Essen onde obtivo o Título de Estudios Superiores en Composición Musical e en Composición por Medios Electroacústicos no ICEM (Institut für Computermusik und Elektronische Medien).

As súas obras foron estreadas e presentadas en numerosos concertos e festivais internacionais en Latinoamérica e Europa. Foi convidado a participar como referente en eventos e conferencias como Meetingpoint Music Messian en Görlitzt, Pure Data Covention in Weimar, Festival Música Viva en Quito, HMTM Hannover, Conservatorio da Universidade Dokuz Eylül en Esmirna, Festival NOW en Essen.

O Ministerio de Ciencia e Cultura do Estado de Baixa Sajonia de Alemania premiou a súa labor artística por dúas ocasións coa beca de produción artística en 2007 e 2010. Esta última cunha residencia en Künstlerhuser Worpswede e unha exposición individual na Galería Altes Rathaus. Foi director artístico do I Festival Internacional de Música Contemporánea, das Xornadas Cervantes de cultura hispánica en Esmirna, Turquía, do Festival Visiones en Hannover, Alemaña e de GEMART (Group for Experimental Music and Media Art).

Ivo Nilsson. Suecia, 1966

www.ivonilsson.com

Estudo no Royal College of Music en Estocolmo e no IRCAM en Paris. O seu debut foi no 1989 co Octet, estreado polo Ensemble L’Itinéraire en Radio France. Dende entón, a súa música foi interpretada por ensembles coma o Birmingham Contemporary Music Group, Cantus, Ensemble Recherche, Ensemble Reconsil, Ensemble Son, KammarensembleN, Kammerensemble Neue Music Berlin, Nouvel Ensemble Moderne, Orchestre des Flûtes Français, Orchestrutopica, Slowind and ZAK ensemble en festivais coma Biennale di Venezia, Chiffren Festival (Kiel), EMUfest (Rome), Enescu festival (Bucarest), Gaudeamus Music Days (Amsterdam), Huddersfield Contemporary Music festival, Ilhom (Tashkent), Musica (Strasbourg), NYCEMF (NYC), Roaring Hoofs (Mongolia), 2 Days and 2 Nights (Odessa), Sonorities (Belfast), Spazio Musica (Cagliari), Spectra (Tirana), Time of music (Viitasaari), Ultima (Oslo), Warsaw Automn e os ISCM World Music Days en Hong-Kong, Estocolmo e Zagreb.

A súa música foi retransmitida pola BBC, DR, RAI, RNE, SR, SRR, WDR e YLE e rexistrada nos seios discográficos Ariadne, Chamber sound, Phono Suecia e SFZ Records. Foi director artístico do Stockholm New Music Festival de 2003 a 2005

José Rafael Subía. Ecuador, 1985

www.jrsv.net

Licenciado en Composición con Medios Electroacústicos graduado da Universidade Nacional de Quilmes en Arxentina, posúe un master en Composición Dixital e Performance da Universidade de Edimburgo en Escocia. A súa música foi tocada en festivais de Ecuador, Arxentina, España, Xapón, Alemaña, México, Sudáfrica e Reino Unido. Estudou composición, de forma privada, co Mestre Julio Martín Viera e co Mestre Gerardo Gandini gracias á Beca Melos/Gandini. As súas áreas de traballo están focalizadas en informática musical concentrándose en procesamento en tempo real do son. En 2015 foille outorgado o premio “ECA Research Award” e a beca “Thomas Laing Reilly” que lle permitiron seguir cos seus estudos de doutorado na Universidade de Edimburgo – Escocia.

LOGO CGAC NEGRO  Vertixe Sonora  sonoloxiauscImprimir

Como chegar