VI Do Audible 2018
Concerto

Wendy vai a México. Un cómic sonoro

Natascha Gangl e Rdeca Raketa

Xoves 14 Xuño
20:00H
Antiga capela do Campus Universitario de Ourense
Ourense

WENDY VAI A MÉXICO. UN CÓMIC SONORO
Con Natascha Gangl e Rdeca Raketa
Xoves 14 de xuño ás 20:00 h
Antiga Capela do Campus Universitario de Ourense
Co patrocinio de: Forum Cultural de Austria en Madrid, Vicerreitorado do Campus de Ourense

Programa
Wendy vai a Mexico (2017). Nastascha Gangl (Austria) e Rdeča Raketa (Austria)

Wendy vai a México ofrece un relato surrealista e disparatado sobre Wendy, a protagonista dun cómic para rapazas amazonas de mediados dos oitenta. Wendy é unha rapaza loira, que acabou por participar en carreiras de cabalos en México.

Neste drama radiofónico, que abrangue un impresionante panorama acústico, mestúrase música punk, gravacións de campo, electrónica analóxica, cintas e instrumentos acústicos.

A partir de materiais da súa primeira novela, publicada na editorial Ritter co mesmo título, a austríaca Natascha Gangl, dramaturga e creadora de instalacións teatrais, argalla xunto a Rdeča Raketa, dúo electroacústico formado por Matja Osojnik e Matija Schellander, esta pintura sonora repleta de enerxía.

Natascha Gangl e Rdeča Raketa: Maja Osojnik: voz, frauta paetzold baixo, gravacións de casette, dispositivos electrónicos, xoguetes | Matija Schellander: baixo electrónico, sintetizador modular, computadora

patrocina esta sesión: