Concerto - Conferencia

Visións Sonoras

Mércores 19 Xuño
20:00H
Liceo
Ourense
Mércores 19 xuño, ás 20:00 h, Liceo de Ourense
Coa presentación de Emilio Lede e participación 
do neurocientífico José Antonio Lamas

 

O neurocientífico José Antonio Lamas

O neurocientífico José Antonio Lamas

 


O programa Visións sonoras chama a atención sobre a omnipresenza de produtos audiovisuais na nosa experiencia perceptiva. Produtos que conviven con imaxes da cultura e produción sonora. Esta proposta fai un percorrido polas relacións entre a música e as artes visuais, cunha mostra de exemplos de intertextualidade que explica as diferentes extensións dos sons vistos e as cores oídas ao longo dos séculos.

O profesor do departamento de Neurociencia da Universidade de Vigo José Antonio Lamas fará unha breve introdución sobre a sinestesia, tema de investigación que atopou un renovado interese debido ao crecemento da experimentación audiovisual e a converxencia dos medios tradicionais na era dixital así como das novas contornas multimedia influídas a partes iguais polas prácticas artísticas e polas estratexias de mercado.


Programa

Pierre Jodlowsky (Francia, 1971)
Time & Money (2006): percusión video electrónica. Video: Vicent Meyer

Pedro García Velásquez (Colombia, 1984)
Plip (2012): frauta, saxofón, violín e video

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Iago Lariño, frauta / Pablo Coello, saxofón / Jorge Montes, violín / Diego Ventoso, percusión / Angel Faraldo, electrónica e difusión multimedia


Programa en PDF