IV Festival Vertixe Sonora 2016

TOMBEAU ET DOUBLE

Desjardins-Anzellotti

Venres 28 Outubro
20:30H
CAPELA NO CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN AMARO
Pontevedra

Solemne, de ritmo lento e carácter meditativo, o tombeau era no XVII francés, unha peza instrumental de loito de carácter lamentoso en homenaxe a un contemporáneo morto recentemente. O dobre, unha sombra –dúas ou tres veces máis rápida que o orixinal– cun movemento constante de notas que, en forma de variación, interpolábase nas danzas. No marco da Primeira Guerra Mundial Maurice Ravel recuperou o tombeau na súa particular homenaxe a Couperin. Alberto Posadas, un dos compositores españois de maior consideración internacional, conecta no seu Tombeau et Double para viola sola, pasado e futuro nunha reflexión que conmemora o pasamento do seu amigo Gerard Mortier, director artístico do Teatro Real entre 2010 e 2013 e unha figura de referencia da ópera internacional. Completan o programa Do auga facendo xemidos…. de Rebecca Saunders; de Marco Stroppa, Somos aire non terra, creada a par res da cita do lósofo georgiano Merab Mamardashvili e que recolle a nóbel Svetlana Alexievitch na súa obra A oración, e Peinar o vivo de Gerard Pesson, libremente inspirada no Maestoso da sexta sinfonía de Bruckner e no Harold en Italia de Berlioz. Christophe Desjardins e Teodoro Anzellotti están considerados cada un no seu instrumento como auténticos mestres da interpretación. Dous artistas que reúnen calidade musical, profundidade espiritual e unha perfección técnica que roza o inefable.

REBECCA SAUNDERS (ALEMAÑA, 1967) …of water making moan** acordeón só
GÉRARD PESSON (FRANCIA, 1958) Peignez le vif ** acordeón e viola
ALBERTO POSADAS (ESPAÑA, 1967) Tombeau et double** viola
MARCO STROPPA (ITALIA, 1959) Nous sommes l’air, pas la terre** acordeón e viola

DESJARDINS-ANZELLOTTI Christophe Desjardins, viola | Teodoro Anzellotti, acordeón