Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2015
cAuSaL 2015
Amusicapordentro

TECTÓNICA — ensaios abertos no CGAC

Domingo 14 Xuño
11:00H
Auditorio CGAC
Santiago de Compostela

Ensaios abertos do programa Tectónica de Vertixe Sonora Ensemble que se interpretará en estrea mundial o Martes 16 de Xuño ás 20:30 h. Unha proposta musical en diálogo coa exposición de Manuel Vilariño comisariada por Alberto Ruíz de Samaniego

Se queres coñecer cómo traballa un ensemble de música contemporánea de proxección internacional animámosche a te achegar ata o Auditorio do CGAC o domingo pola mañá.

Programa de ensaio
Eduardo Caballero(México, 1976) Negro invadiendo al blanco* (2015) saxofón, trompa, violín e cello
Pamela Madsen(EEUU) Riverly is the Moon** (2014) vibráfono e vídeo
Alberto Arroyo(España, 1989) Desde el vértice*** (2015) violín e cello
Iker Güemes(España, 1971) Grammar* (2015) percusión
Alfonso Mendoza(México, 1988) Quebranto* (2015) saxofón, percusión e electrónica
Nico Sauer(Alemaña, 1986) Kammermusik 15000* (2015) saxofón, trompa, violín, cello, piano, percusión, electrónica e vídeo

*Estrea absoluta. Encargo de Vertixe Sonora **Estrea nova versión ***Estrea absoluta. Escrita para Vertixe Sonora