II Do Audible 2014

Tactus

Vertixe Sonora e TrasPediante Danza con Ana Romaní - poeta

Xoves 19 Xuño
20:00H
Sala Multiusos Universidade de Vigo Campus de Ourense
Ourense

Os latidos do corazón dun home respirando tranquilamente, así describía en 1496 o teórico Franchinuss Gaffurius o tactus, termo que designaba nos séculos XV e XVI á pulsación da música, e que se indicaba mediante un movemento ascendente e descendente da man, unha leve oscilación que simboliza humildemente a íntima relación que entre movemento do corpo e música acada a súa máxima expresión na danza.

Tactus, proposta conceptual centrada na percepción sensible do son, aúna todas estas referencias nun espectáculo de música, danza e poesía ó redor da respiración, o tacto, a caricia, a violencia física e o roce dos corpos.

John Cage (EUA 1912-1992)
Variacións I para calquer número de intérpretes e calquera tipo e número de instrumentos

Hugo Morales Murguía (México, 1976)
Xerador1 (2013) para percusión, saxo, acordeón, guitarra eléctrica e dous bailarinas
Estudo sobre o salto (2014)* para teclado midi, catro músicos e catro altofalantes
Estudo sobre a direccionalidade (2014)* para unha bailarina

Daniel Zea  (Colombia, 1979)
Kinecticut (2012)** para catro executantes

*Estrea mundial, encomenda Vertixe Sonora Ensemble
** Presentación en España

Textos e recitado de Ana Romaní
A partires dunha idea de Hugo Morales Murguía

AULA DE ACORDEÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE OURENSE
Nicolás Fernández / Noelia González / Rocío Mosquera / Álvaro Pérez / Erea Carbajales / Xián Vázquez / José M. Domínguez / coordina Celia Adrián

TRASPEDIANTE DANZA
Begoña Cuquejo, Nuria Sotelo, Maciek Sado, Miguel Gendre

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Pablo Coello saxofón e executante/ Celia Adrián acordeón  e executante/ Diego Ventoso percusión  e executante/ Marta Souto executante/ Ramón Souto guitarra eléctrica e piano midi/ Hugo Morales Murguía deseño e difusión de son