Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2015
cAuSaL 2015
Ensaios Abertos

Reflexións – Ensaios abertos

Sábado 19 Setembro
18:00H
CGAC
Santiago de Compostela

REFLEXIÓNS – Ensaios abertos
SÁBADO 19 DE SETEMBRO, 18-20h
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

Ensaiaremos as estreas mundiais do concerto do martes 22 de setembro. Se queres coñecer por dentro cómo é a montaxe dun concerto de música contemporánea, non esquezas vir ó CGAC o sábado 19 de setembro ás 18.00h.

Obras de:
Xoan Xil Hexagram*(2015) frauta,saxofón,violín e electrónica
Malte Gielsen Easely Listening Studies* (2015) frauta, saxofón, violín, arpa, piano, percusión e electrónica
Desmond Clarke Figures in Folded Rooms* (2015) saxofón, violín, arpa, piano, percusión e electrónica
Nicolas Tortzis Sobor a amor perdido do Laude* (2015) frauta, saxofón, violín, arpa, piano e percusión

MUSICA E ARTE 2015. CORRESPONDENCIAS SONORAS. CICLO DE CONCERTOS. VERTIXE SONORA

 

A reflexión entendida como un acto de meditación ou como un efecto óptico que en ocasións cambia a realidade —a deforma, incluso— conducindo o pensamento por camiños tortuosos ou, pola contra, mostrándonos novos puntos de vista.

Así se presenta a exposición Reflexións comisariada por Christina Ferreira Andrade a partires de fondos do CGAC en exhibición ata o 11 de outubro.

E reflexionando, comeza no mes de setembro a segunda parte da edición do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras 2015, un encontro entre a música e a arte do noso tempo co obxectivo é dar a coñecer as últimas tendencias musicais e escénicas e os compositores máis relevantes do novo panorama musical, que presenta catro estreas absolutas dos compositores: Desmond Clarke (Reino Unido, 1989), Malte Giesen (Alemaña, 1988), Nicolas Tzortzis (Grecia, 1978) e Xoán Xil (España, 1972).

Convidámoste tamén a visitar previamente REFLEXIÓNS onde poderás atopar obras de: Chema Alvargonzález · Jorge Barbi · Alberto Barreiro · Rui Calçada Bastos · Mircea Cantor · Tono Carbajo · Elena del Rivero · Florentino Díaz · DSK – Juan Lesta & Belén Montero · Suso Fandiño · Joseph Kosuth · Eva Lootz · Alicia Martín · Asier Mendizabal · Álvaro Negro · Pamen Pereira · Georges Rousse · Eve Sussman · Peter Wüthrich. Recorda ata o 11 de outubro!