Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2012
Concerto

A Colección

Martes 5 Xuño / 20:30H
CGAC
Santiago de Compostela

Organizado en colaboración co FONCA (Fondo Nacional para a Cultura e as Artes de México)

En conversa coa obra de artistas presentes na exposición Da xenerosidade comisariada polo propio director do CGAC Miguel von Haffe a partir da Colección Fundación Helga de Alvear, unha das máis importantes coleccións privadas de arte contemporánea do noso país.

Iberia de Robert Motherwell, Untitled 2008 de Jorge Queiroz e Gordon Matta-Clarck serven de estímulo ós compositores Hernández Ramos (México DF, México, 1975), González Compeán (León-Guanajuato, México, 1978) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para realizar os seus respectivos traballos. O programa complétase coa presentación por primeira vez en España de Dmitri Kourliandski (Rusia, Moscova, 1976) e Nadir Vassena (Balerna, Suíza, 1970)

Previamente ás 19:00 a mesa redonda COMPOÑER HOXE coa presenza dos compositores Hernández Ramos, Nadir Vassena e Ramón Souto.

PROGRAMA

Dmitri Kourliandski Danc[e]inG* (2004) frauta, saxofón, viola, percusión e electrónica en vivo
Nadir Vassena mutti inverni dell’anima* (2006) frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión
González Compeán Solo II** percusión
Hernández Ramos Chiaroscuro** frauta, viola e percusión
Ramón Souto Apertas para Matta-Clark** frauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión

* presentación en España
** estrea mundial: comisión Vertixe Sonora

» Descargar programa

 

vídeos