Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2015
cAuSaL 2015
cAuSaL15

QUEBRANTO — Alfonso Mendoza na Numax

Sábado 13 Xuño
12:00H
Numax
Santiago de Compostela

quebrantos

 

 

“Quebranto surde da inquiedanza de crear un xesto intermitente, que vai e ven periódicamente, facer un fluxo constantemente cambiante. O trazo, o quebranto do trazo”

A. Mendoza

 

O compositor mexicano Alfonso Mendoza, falará da súa nova peza, Quebrantos que se estreará mundialmente o martes 16, ás 20.30h, dentro do segundo concerto do ciclo Música e Arte Correspondencias sonoras, no concerto en diálogo coa exposición Tectónica de Manuel Vilariño.

 

Alfonso Mendoza. México, 1988

En 2007 inicia os seus estudos no Conservatorio de las Rosascursando a especialidade de composición cos mestres Samuel Cedillo, Eduardo Solís e Juan Sebastián Lach. Realizou cursos de composición con Iván Naranjo, Hilda Paredes e José Luis Hurtado. A súa obra foi revisada por Robert Hp Platz, Hilda Paredes, Michael Pisaro e Kaija Saariaho, entre outros. Foi seleccionado para participar en Umbrales 2012 (CANTE, San Luis Potosí) e Visiones Sonoras 2012 e 2014 (CMMAS, Morelia), Master Class Kaija Saariaho (Morelia). A súa música foi interpretada no Festival Arte Joven de Morelia, edicións 2010 e 2011, Festival Internacional de Música de Morelia, WhiteNoise.Fest e o XXXV Foro Internacional de Música Nueva Manuel Enríquez. Obtivo o apoio FONCA Jóvenes Creadores 2013-2014. Actualmente cursa a Licenciatura en Composición no Conservatorio de las Rosas.

https://soundcloud.com/alfonso-mendoza

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR CAPACIDADE


CAUSAL15 – Vertixe Sonora/ciclo Música e Arte
O foro internacional de composición cAuSaL15 é un espazo de encontro e discusión ao redor da composición de música contemporánea no que se dan a coñecer a obra de compositores cunha traxectoria consolidada e as novas voces presentes no panorama internacional.

Organizado por Vertixe Sonora coa colaboración das principais institucións educativas e culturais de Galicia, cAuSaL15 desenvolverá ao longo do ano distintos encontros nos que importantes compositores do panorama internacional falarán da súa música e dos procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. O encontro completaranse con ensaios abertos nos que participarán intérpretes do Vertixe Sonora Ensemble.

cAuSaL15 está aberto a todas aquelas persoas interesadas na música contemporánea que desexen achegarse á música de creación do noso tempo.