VI Festival Vertixe Sonora 2018
Alien 2018
Masterclass

O violín contemporáneo

Linda Jankowska

Luns 8 Outubro
17:00H

Horario: 17.00-19.00h.

A violinista polaca Linda Jankowska residente en Manchester e cofundadora do Distracfold ensemble presenta nesta clase mestra o uso de violín e as técnicas presntes no programa Liñas para Linda con tres obras para violín só de Pablo Vergara, Yoshiaki Onishi e Pierluigi Billone.

En Liñas para linda que da título ao programa, Pablo Vergara pon o énfase nos cambios experimentados pola materialidade sonora da liña mentres se desliza, coma se se tratase dun obxecto físico que reflectise a luz de diferentes xeitos. Onishi pola contra homenaxea a Johann Sebastian Bach, concretamente á súa Partita No. 2. E Billone propón un estudo do batimento, ese temblor que xurde da atracción, do magnetismo, entre dúas alturas moi pretas que non chegan a fundirse nun unísono.


PABLO VERGARA
Liñas para Linda, para violín solista, 2017

YOSHIAKI ONISHI Parti…, para violín solista, 2012-2014
(pausa curta)

PIERLUIGI BILLONE Equilibrio.Círculo, para violín solista, 2014

 

A intérprete

LINDA JANKOWSKA

Intérprete, educadora, investigadora e productora de concertos comprometida coas diversas facetas da música contemporánea. Violinista de adestramento clásico, a miña práctica estendeuse ao longo dos anos: hoxe en día tamén toco dispositivos electrónicos, obxectos sonoros e percusión. Os meus intereses na vangarda e logo, nun espectro musical máis amplo, leváronme a co-fundar o ensemble de música experimental – Distractfold, que foi o meu principal ámbito de desenvolvemento artístico nos últimos 7 anos. Cheguei a vivir no Reino Unido hai 8 anos, despois de vivir por un tempo en Múnic, pero a miña infancia e anos formativos tiveron lugar en Polonia.

www.lindajankowska.com www.distractfold.org.uk