VI Festival Vertixe Sonora 2018
Didácticos 2018
Concerto escolar

O paradoxo da visibilidade

Oh ton

Luns 8 Outubro
11:00H
Auditorio Martín Códax
, Vigo

Dende Oldeburg, Alemaña visítanos, na súa primeira vez en España, Oh ton, con novas estreas mundiais de Malte Giesen, presente no festival, e Leopold Hurt en O paradoxo da visibilidade. Completan a proposta músicas de Christian Wolff, Helmut Oehring e Eckart Beinke.

programa

MALTE GIESEN (*1988) Paradoxo da visibilidade II (2016)
para clarinete baixo, saxofón alto, preusión, guitarra eléctrica, teclado e electrónica. Encomenda da cidade de Oldenburg

CHRISTIAN WOLFF (1934) Trio II (1961)
para piano a 4 mans e percusión

HELMUT OEHRING (*1961) Cayabyab (1993/05)
para corno di basetto, guitarra e vibráfono

ECKART BEINKE (*1956) Colpod’ala VI (2008/16)
para saxofón guitarra eléctrica, percusión e contrabaixo e cinta de dous canais

MICHAEL MAIERHOF (1956) Shopping4 (2005/06)
para 3 intérpretes con globos de aire preparados

LEOPOLD HURT (*1979) Skedaddle (2016)
para saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, percusión piano e cinta magnética. Encomenda de Oh ton-ensemble

MALTE GIESEN (*1988) Paradoxo da visibilidade II (2016)
para clarinete baixo, saxofón alto, preusión, guitarra eléctrica, teclado e electrónica

OH TON [intérpretes neste concerto] Andrea Nagy, clarinete | Xavier Casal, saxofón | Steffen Ahrens, guitarra | Michael Pattmann, percusión | Roman Rofalski und Patricia Martins, piano | John Eckhardt, contrabaixo

 

OH TON

O Ensemble de Baixa Saxonia con sede en Oldenburg  foi fundado por, entre outros, o saxofonista xermano Eckart Beinke no ano 90 do século pasado.

No 94 reestructúrase na súa actual configuración para desenvolver, en colaboración coa Universidade de Oldenburg, unha extraordinaria labor de difusión e creación de música contemporánea, electroacústica e electrónica que inclúe a continuada organización de concertos e masterclass que o teñen convertido nun dos principais focos da nova música en Alemania cunha presencia internacional constante.

Oh Ton está hoxe en día formado por máis de vinte virtuosos especializados no repertorio contemporáneo do norte de Alemania baixo a coordinación do membro fundador Eckart Beinke.

Cunha especial predicamento polos instrumentos non orquestais e as configuracións instrumentais inusuais así como as distribucións non convencionais de intérpretes na sala de concertos e a incorporación de deseños escénicos, os seus proxectos multidimensionais abranguen dende iniciativas para músico solista con ou sen electrónica ata as formacións de ensemble con director.

O grupo interpreta a música das últimas dúas décadas (por exemplo, Iannis Xenakis, Hans-Joachim Hespos, François Rossé, Christophe Havel, Thierry Alla …), promove novas estreas (por exemplo, Karlheinz Stockhausen, Volker Heyn, Helmut Oehring, Annette Schlünz, Matthias Kaul …) e desenvolve varios proxectos pedagóxicos durante todo o ano.