VII Festival Vertixe Sonora 2019
ALÉN 2019. Obradoiros instrumentais de música contemporánea
Encontro

O clarinete por explorar

Álvaro Zegers

Venres 27 Setembro
17:00H
Conservatorio Profesional de Música
Tui

Álvaro Zegers, clarinetista chileno residente en Francia manterá un encontro con alumnos de Clarinete o vindeiro venres 27 de setembro ás 17h no marco dos encontros ALÉN 2019. Obradoiros instrumentais de música contemporánea apoiados dende o programa O teu xacobeo da Xunta de Galicia.

Presentará as innovacións técnicas e expresivas que deron impulso á nova obra para clarinete solista e ensemble do compositor chileno Cristián Morales Ossio que se estreará en primicia munidal o vindeiro domingo 29 de setembro ás 18h. en San Domingos de Tui no concerto En ruta co que da comezo o VII Festival de creación musical contemporánea Vertixe Sonora e que inclúe asemade estreas mundiais de Ossio Yuko Ohara (Xapón), Alexander F. Müller (Alemaña) e Fernando Munizaga (Chile).

17-18h | Conservatorio Profesional de Música, Tui

O clarinete por explorar

Álvaro Zegers, clarinete

 

Álvaro Zegers clarinete

Alvaro naceu en Santiago, Chile. O seu pai, arquitecto e músico afeizoado, ensinoulle teoría da música, harmonía e guitarra. Aos 16 anos, comezou a estudar composición e frauta con Cristian Crisosto, músico e compositor chileno. En 2007 ingresou no Conservatorio da Universidade Católica de Chile, onde obtería o título coma compositor e clarinetista, con Francisco Gouet, primeiro presidente da Orquesta Sinfónica de Chile. En 2011 trasladouse a Francia para continuar os seus estudos con Philippe Cuper, Alexandre Chabod, Alain Billard e Alain Damiens. Tocou en orquestras como a Orquesta Nacional Chilena e a Orquestra Philarmonique Royal de Liège (Bélxica). Gañou o 2º premio no concurso nacional de Picardie – Francia – clarinete baixo en 2014 e o 1º premio no Concurso nacional de Lempdes – Francia – tamén en clarinete baixo en 2015. Actualmente está estudando na universidade Saclay de París e no Conservatorio de Versailles, no programa MIP do máster. En 2015 creou o Duo MUTIS xunto a Ayumi Maesato, un dúo especializado en música contemporánea para clarinetes e voz feminina.

 

   

En Ruta. Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo