vertixe 9
Concerto

Nubes e nómadas

Carlos Sandoval, Cong Wei, Annea Lockwood, Yulan Yu

Domingo 24 Outubro / 19:00H
Auditorio da Xunta de Galicia en Campolongo
Pontevedra

Reserva a túa entrada

Proposta transmedia para ensemble de solistas (6 en vivo, 6 en vídeo) ideada por Carlos Sandoval (MÉXICO). Referente na composición con entornos audiovisuais propón unha reflexión sobre a “deriva” combinando música ao vivo con videos dos intérpretes deambulando polas rúas de Pontevedra (o paseo do río Gafos, o skatepark Mollabao, os arcos da rúa de San Bartolomé, os xardíns de Vicenti…), nun proceso que consegue traspasar as fronteiras físicas e suliña a dualidade do real e o virtual. Tamén de deriva podería calificarse Jitterbug (2006) de Annea Lockwood. Encomenda da Compañía de Danza de Merce Cunningham para o ser espectáculo eyeSpace (2006), en Jitterbug os músicos traducen en sons a orografía dunhas fotografías de rochas atopadas no leito de regatos das Montañas Rochosas; namentras, escoitamos sons de insectos acuáticos mesturados con gongs frotados con arco e sons de piano. Completa o programa a nova estrea mundial da chinesa Cong Wei, fusión Sonora de soño e realidade; e a obra Lilith de Yulan YU (CHINA) na que se confronta a concepción da feminidade en oriente e occidente.

ANNEA LOCKWOOD (Nova Zelanda) Jitteburg (2007) partitura gráfica para 2 intérpretes ou máis e soporte fixo de 6 canles
CONG WEI (China) Rastro a ningures * (2021) para saxofón soprano e alto guitarra eléctrica percusión e teclado
CARLOS SANDOVAL (México) Nubes e nómadas* (2021) para conxunto solista e vídeo.
YULAN YU (China) Lilith* (2021) para piano electrónica e video

* Estrea mundial encomenda de Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA [en video] Clara Saleiro frauta | Felipe Agell clarinete | Cristina Santos viola | Iago Ríos trombón | David Durán teclados | Diego Ventoso percusión | Blanca Viñas, Ramón Souto voz [en vivo] Ana del Carmen Sánchez violín | Carlos Méndez contrabaixo | Pablo Coello saxofón | Nuno Marques guitarra eléctrica | Haruna Takebe piano e teclados | Antonio Ocampo percusión