LATEXOS 21
InTerAcción 2021
Intervención sonora

Meditacións sonoras

Nacho Muñoz

21/9/2021 - 23/7/2021
Abadín, Arzúa, Melide

Proxecto de transformación artística do patrimonio sonoro contemporáneo das vilas de Abadín e Melide puntos de paso do Camiño do Norte e Arzúa como vértixe onde se unen ambos camiños cara Santiago de Compostela, materializada nun filme sonoro , elaborado a partir da gravación audiovisual de varias micro-performances creadas por Nacho Muñoz interactuando coa paisaxe sonora física e humana das citadas vilas.

Este proxecto mostró diferentes posibilidades de reinterpretar o camiño: escoitalo, repensalo en canto espazo espiritual e, por tanto, explorar outras formas de coñecer e sentir o Camiño.

As Meditacións Sonoras serán realizadas nos seguintes lugares parte do patrimonio cultural do Camiño do Norte e Primitivo:

Abadín
Pasar por Abadín é pasar por unha das rutas máis directas do Camiño de Santiago, purificarse os pulmóns na área Recreativa de Gontán, o macizo de Ou Xistral ou no Miño (reserva da biosfera), e redescubrir o significado de “arte galega” no castelo de Castromayor, na igrexa de Santa María de Abadín, no cruceiro da igrexa de San Bartolomeu de Cabaneiro, na antiga de Montoto, na parroquia de Santiago de Baroncelle, na igrexa de San Xoán de Romariz -dispón de 18 templos relixiosos-, por non falar das obras civís nas pontes ou os pazos de Cernada ou de Roxoa. Abadín é arte, paisaxe e historia.

Melide
É sorprendente, entrando pola ruta xacobea, atopar cun pobo con encanto, de orixe medieval e que teñen na súa ponte e a súa igrexa as pegadas do pasado.
O patrimonio é outro dos puntos fortes do municipio, xa que a través do Camiño de Santiago chegaron moitas influencias artísticas, entre elas o gótico, o barroco, pero sobre todo o románico. Son moitas as igrexas e capelas do municipio que se construíron en base a este estilo: Santa María de Melide, Leboreiro, Furelos, Vitiriz ou Moldes.

Castelo de Fruzo  (Arzúa)
Nos arredores de Arzúa, custodia a entrada ao concello coruñés a inexpugnable fortaleza do Castelo de Fruzo. As persoas que comparten o camiño do Norte e Primitivo coma peregrinos quedan asombrados ao ver semellante cidadela no seu camiño a Santiago de Compostela. O castelo é un magnífico legado do poderío económico de Arzúa no século XVIII declarado Ben de Interés Cultural en 1994. Xunto a el tópanse unha serie de importantes casaróns señoriais, destacando Vilantime, Orxal e Brandeso. Na actualidade é un BIC descoñecido incluso para a súa veciñanza. O que pretendemos é abrir ao coñecemento este patrimonio esquecido.

 

DINAMIZADOR DAS MEDITACIÓNS SONORAS: Nacho Muñóz
Pianista, músico electrónico e compositor, tamén activo baixo o seudónimo madamme cell, é un músico e artista sonoro da Galiza establecido en Porto. Os seus traballos publicáronse en Alg-a Netlabel (GZ), Crónica Electrónica (PT), Xylem Records (UK), Haze (GR) o Modisti (SP) entre outros, presentándose en palcos ao longo de Europa, África e Latinoamérica.

Madamme cell tamén está detrás da rede de artistas Alg-a, das Orquestras de Improvisación OMEGA, METAMOVIDA, e do Centro de Residencias Artísticas Alg-a Lab. Destaca o seu labor como produtor de artistas e formacións da talla de Mercedes Peón, Uxía Senlle ou Ecléctica Ensemble, así como a coordinación do proxecto de investigación sobre arte e medio rural Verbenas Periféricas, a codirección do Mapa Emocional de San Pedro, a creación do laboratorio nómada de creación colectiva Orquestra Exploratoria e a súa participación como co-director artístico na inicitiva Montenoso, galardoada cunha mención de honra nos prestixiosos premios Golden Nica / Ars Electrónica 2014.

Actualmente forma parte da banda de free rock IGMIG (recentes premio Martin Códax) e desenvolve en diferentes cidades de Europa o proxecto sobre son e espazo público Sonic Parkour.

 

Proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo

 

 

vídeos