Laboratorio de sinestesia e multi-sensorialidade
de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 Facultade de Belas Artes de Pontevedra Mestranza 2 36002 Pontevedra
Neste laboratorio traballarase a multi-sensorialidad enfocada cara á experiencia estética. Especificamente contemplaranse conceptos tales como a sinestesia, os sentidos non considerados nos comúns “cinco sentidos”, a cimática, o son táctil e a auto-produción da experiencia estética.
A partir dos conceptos teóricos, dada a súa concepción sensorial, propoñeranse gran cantidade de experiencias prácticas que culminarán nunha actuación multi-sensorial a cargo dos participantes.
O laboratorio está dirixido a toda persoa con interese creativo, xa sexan artistas sonoros, visuais, compositores, improvisadores, bailarins, etc. É altamente recomendable que as persoas que fagan música leven os seus instrumentos.
Estrutura xeral do taller:
- Presentación e introdución: Sinestesia, sentidos, cimática, son táctil, experiencia auto-producida.
- Paseo multi-sensorial, consciencia sensorial, intercambio de sentidos.
- Tests lumo-auditivos para a percepción temporal; tocar (ou xogar).
- Preparación e presentación pública.
Yolanda Uriz
Yolanda Uriz (Pamplona, 1982) basea o seu traballo na creación de experiencias sensoriais inmersivas realizando traballos de instalación, música experimental ou video-arte. Vive en Holanda, onde finalizou os seus estudos de ArtScience. Presentou o seu traballo en festivais como Sonic Acts (NL), WRO Media-Art Biennale (PL), STRP (NL) ou SPARK (USA), entre outros.
Simultáneamente, é programadora da serie Wonderwerp en Studio Loos (A Haia, NL) para a promoción de formas experimentais de arte en directo.
+ info www.yolandauriz.info