VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Concerto acusmático. Filme. Conversa

La lyre du Désert

Enrique X. Macías, Manuel del Río

Venres 6 Novembro / 20:30H

Je ne confonds pas la solitude avec la lyre du désert. Le nuage cette nuit qui cerne ton oreille n’est pas de neige endormante, mais d’embruns enlevés au printemps.
Lettera amorosa, René Char

Non confundo a soidade coa lira do deserto. A nube que rodea o oído esta noite non é de neve adormecida, senón de néboas arrincadas da primavera
Lettera amorosa, René Char

Nesta sesión presentarase en exclusiva o documentario de Manuel del Río Enrique X. Macías: A lira do deserto. Culminará a xornada unha conversa entre o director do filme e o director artístico de Vertixe Sonora, Ramon Souto moderada por Paco Yáñez (mundoclasico)

La Lyre du Désert (1988) de Enrique X. Macías toma o seu título emprestado da cita de René Char que encabeza este texto; inspirado á súa vez na peza musical homónima de Monteverdi, nese xogo escheriano de interseccións infinitas tan querido por Macías. Música electrónica en homenaxe a René Char estreada no Institut National de l’Audiovisuel de París, o 19 de febreiro, precisamente o día do deceso do símbolo da resistencia francesa. A elección poética non é en balde, declara a influencia bouleziana tan presente en Macías dende que o poeta surrealista fora elevado aos altares da vanguardia musical ao calor da composición de aquel, Le marteau sans maître (1955)

ENRIQUE X. MACÍAS La lyre du Désert (1988) electrónica
MANUEL DEL RÍO Enrique X. Macías. A lira do deserto* 2020 | 40 min. | ESPAÑA | DOC | COR
*Estrea mundial