VI Do Audible 2018
Concerto

Kontakte

Patrícia Martins, Michael Pattmann e Jaime Reis

25/5/2018 - 21/5/2018
Igrexa de San Domingos
Tui

KONTAKTE
Con Patrícia Martins, Michael Pattmann e Jaime Reis
Venres 25 de maio ás 20.00 h
Igrexa de San Domingos de Tui
Co apoio de: Funda ao Stockhausen, Festival Días da Musica Electroacústica (DME)
Coa colaboración de: Campus Crea s2i, Conservatorio Profesional de Música de Tui

Programa:
KARLHEINZ STOCKHAUSEN (1928-2007)
Klavierstück V para piano solo (5’30)
Vibra-Elufa para vibráfono solo (10’)
Natürliche Dauern n.o 6 para piano (5’)
Kontakte (1960) para piano, percusión e electrónica (35’)

Baixo o título de Originale, presentábase en Nova York, en 1961, unha versión de Kontakte (1960) na que participaban, entre outros, a chelista Charlotte Moorman, o artista Nam June Paik, o performer Robert Delford Brown, o fotógrafo Peter Moore, o compositor Alvin Lucier e o poeta Allan Ginsberg. Dirixía esta produción Allan Kaprow, creador dos happening. Foi un auténtico fito no desenvolvemento da vangarda artística americana e do movemento Fluxus, en particular.

A versión orixinal de Kontakte (1960), que se escoitará neste programa monográfico, trátase da primeira composición verdadeiramente cadrafónica da historia e das primeiras en combinar son pregravado e instrumentación ao vivo. Unha obra fundamental para entender a evolución da música electroacústica que permite asistir á construción e percepción do tempo musical, así como á exploración do espazo dende a difusión electrónica.

Visionario, grandilocuente, megalomaníaco, místico, excesivo, mesiánico, radical… Karlheinz Stockhausen foi un dos grandes mestres da música do pasado século. Axitador de estéticas renovadoras e precursor de innumerables ismos, como líder da vangarda alemá deulle continuidade a unha grandiosa tradición musical, celme da imaxinación sonora internacional de todos os tempos.

O programa inclúe, ademais, o Klavierstück V, da serie Klavierstücke: 19 pezas para sintetizador ou piano solo que desenvolveu entre 1952 e 2003 e que conforman unha especie de íntimo e experimental diario de composición. E á mantenta das titánicas travesías nas que se embarcou no final da súa etapa creativa, poderanse escoitar Vibra-Elufa (2003), pertencente á ópera Freitag aus Licht (Venres de Luz) dentro do ciclo de óperas Licht; e Naturliche Dauern n.o 6 (2006), incluída na serie de obras para diversas combinacións instrumentais Klang–Die 24 Stunden des Tages.

Intérpretes

Patrícia Martins, piano
É licenciada en piano, posgrao en ópera e estudos músico-teatrais na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo do Porto; mestrado en música de cámara baixo a dirección de Jean Geoffroy e Franck Krawczyk no Conservatoire Supérieur Musique et Danse de Lión.

Michael Pattmann, percusión
Formouse co profesor Martin Schulz na Folkwang-Hochschule de Essen, Alemaña. Prosegue os seus estudos na clase de música de cámara do profesor Peter Eötvös na Staatliche Hochschule für Musik en Colonia. Alén da súa carreira de solista, Michael Pattmann toca regularmente en numerosos ensembles, tales como e-mex ensemble Essen, mp6-multipercussion-ensemble, anthos-ensemble, oh ton-ensemble, Ensemble musikFabrik.

Jaime Reis, difusión musical
Iniciou os seus estudos musicais en Seia (Portugal) aos cinco anos, onde estudou, entre outros, co etnomusicólogo António Tilly. As súas primeiras composicións, para secuenciador MIDI, electrónica e pequenos conxuntos instrumentais foron iniciadas aos 12 anos. Alén do seu traballo mentres compositor, ten desenvolvido actividades como a dirección artística do festival Dni Muzyki Portugalskiej w Krakowie (Días de Música Portuguesa en Cracóvia).

Patricia Martins piano | Michael Pattmann percusión | Jaime Reis difusión electrónica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
prensa.cultura.educacion@xunta.gal Telf. 981 957 350 / 981 544 490
www.cultura.gal