IV Festival Vertixe Sonora 2016
Aguzar o oído III 2016
Curso de achegamento á música contemporánea

III AGUZAR O OÍDO

Emilio Lede, Xoan-XIl López

15/9/2016 - 1/12/2016

En colaboración co MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, ponse en marcha a 3ª edición do curso AGUZAR O OÍDO, proposta de divulgación de música contemporánea e arte sonora. Nesta ocasión, e no contexto do Festival Vertixe, o curso consiste en nove sesións de charlas previas a cada un dos concertos do Festival, a cargo de distintos profesionais, ademais da asistencia a todos os concertos incluídos no programa. As sesións comezarán 45 minutos antes de cada concerto no espazo correspondente e terán unha duración de 30 minutos.

Relatores: Emilio Lede e relatores convidados. Coordinador: Ignacio Barcia
Prezo 60€ (50€ para estudantes, membros da AAM, e asistentes ao Curso Aguzar o oído en anteriores edicións). + INFO inscricións en info@marcovigo.com