Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2016
Concerto

EVA LOOTZ

Martes 20 Decembro
20:30H
CGAC
Santiago de Compostela

PROGRAMA
Octavi Rumbau Bucle While (2016) piano, tom grave, contrabaixo e electrónica
Javier Quislant Silberstimme (2016) saxofón, vibráfono, guitarra eléctrica e piano
Heather B. Frasch Quivering (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, percusión e piano
Abel Paúl Nombre y Vacío (2016) piano, percusión e contrabaixo
Piyawat Louilarpprasert Red de lacre (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, percusión, piano e electrónica 

Estreas absolutas. Encomendas de Vertixe Sonora

 

VERTIXE SONORA
Pablo Coello saxofón /  Rubén Barros guitarra eléctrica / Carlos Méndez contrabaixo / David Durán piano / Diego Ventoso percusión  // Dirección musical Pablo Coello / Dirección artística Ramón Souto


AS OBRAS
Bucle While
piano, tom grave, contrabaixo e electrónica

A obra está inspirada na instalación de Eva Lootz Bucle abierto, na que a artista mostra unha “ruta en espiral” a través do uso de diferentes materiais que impulsan ou interrompen o percorrido.
Bucle while parte dun proceso algrtítmico moi sinxelo pero extremadamente estricto baseado en termos xerais no uso da repetición. Dito algoritmo pretende recrear a espiral de Lootz mediante a cotración e dilatación do tempo musical a partires dun eixo central que simetriza a obra coma se dun espello de tratara.
Os instrumentos musicais e a electrónica , aínda sendo de familias lonxanas, participan da acción situándose todos eles nunha mesma paleta tímbrica

Octavi Rumbau

 

Silberstimme
saxofón, vibráfono, guitarra eléctrica e piano

Espazo instrumental resoante e subxectividade: aproximación a unha singularidade.
Nla utopía da continuidade e a unidade.
O son expresado a través da linguaxe do cotidiá.

Examinar, explorar un son central ou idea sonora central desde unha dimensión interior axuda a comprender, de forma analítica, a súa concepción inicial. No meu traballo cada obra se plantexa desde a idea de son central cunha cualidade específica. O timbre de cada un dos instrumentos que interveñen en cada obra é un punto de partida para a elaboración e tratamento do material musical. Entendo a natureza do son como fráxil, distorsionada, quebrada e constituída por diferentes estratos que tenden a integrarse. Trátase dun conxunto de singularidades, que a través dunha linguaxe do cotidiá, permiten facer conscente e percibir en profundidade a natureza da idea musical. Neste sentido, atópase un paralelismo entre a concepción de Eva Lootz sobre a materia coa que traballa e a que plantexo nesta obra,: o concepto de fisicalidade  serve para indagar e examinar as propiedades e fisionomías que a constitúen. A obra de Eva lootz “Circuito Roto b,1987, Col. Unión Fenosa”, é un símil no proceso de observación en bucle da materia: do detalle interior hacia o exterior, do pormenorizado e fragmentado ao continuo e global da obra.

Silberstimme (traducido ao alemán da expresión orixinariamente en español “voz de plata”) céntrase no estudo da resonancia dun son que xa aconteceu. O carácter estrutural desta  resonancia e a posterior análise da configuración estrutural dos seus parciais no espectro armónico, ofrecen unha correspondencia entre o material sonoro e o material musical convertíndose éste último no medio a través do que se mostra e conxuga dita correspondencia de maneira sonora. A obra desvía un material “coñecido” hacia unha dirección diferente, disuadindo certa connotación e tentado proxectalo en diferentes espazos sonoros, pero parándose a medio camiño nunha dimensión sonámbula, na que unha imaxe borrosa suxire, sen pronunciarse totalmente, feitos humanamente recoñecibles.

Javier Quislant

 

Quivering
saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, percusión e piano

Distintas capas están en movemento. Estas capas están definidos polos seu material sonoro, notación, identidades rítmicas e transformacións. Un é estable e comeza a se desenvolver de forma sistemática. Outra é errática, mesmo desenfocada, evolucionando e transformándose de forma irregular. Intermitentemente; unha terceira capa, estática, aínda que con lixeiros cambios de percepción, aparece e desaparece. Co paso do tempo, as capas comezan a influenciar unhas noutras. O estable comeza a desestabilizarse mentres o errático comeza a ser máis concreta e estable. O material oscila de volta en diante no seu intento de coexistir e manter unha identidade mentres explora o impacto do outro. A peza termina nun fráxil termo medio que está entre o estable e o inestable, lixeiramente trémulo.

Heather Frasch


Nombre y Vacío
piano, percusión e contrabaixo

Esta obra parte do son da fala  coma un material maleable, coma un substrato sonoro liberado da súa semántica, da súa capacidade de nomear e de xerar campos de sinificado. Na sá obra mostrar/nombrar, Eva Lootz explora a brecha entre a linguaxe e a inmediatez o visible, entre a palabra e a mirada. Miña obra aborda, de modo similar, a fractura entre a linguaxe e a escoitaa, entre a semántica e o mundo sonoro. Gravacións de fragmentos de poemas de Hölderlin (que abordan precisamente a problemática do que se pode dicir, dos límites da linguaxe e a presencia do silenzo) son tratados como materiais sonoros que son proxectados sobre as cordas e caixas acústicas de varios instrumentos. Estas “proxeccións” lévanse a cabo a través de altofalantes transdutores, pequenos dispositivos capaces de transmitir o son pregravado da fala ao corpo doutros obxectos e instrumentos. Deste xeito xenéranse contextos híbridos, a cabalo entre a linguaxe e as características acústico-sonoras dos propios instrumentos. A linguaxe é concibida coma un substrato carente de significado, coma unha base á vez uniforme e cambiante que acciona (da vida musicalmente) ao conxunto de instrumentos e obxectos presentes no escenario a través do xesto dos intérpretes.

Coma compositor, góstame explorar territorios sonoros fráxiles e difíciles de definir, ubicados no intersticio entre mundos sonoros concretos, desdibuxando a capacidade do ointe para unha identificación clara do que sona, explorando rexións descoñecidas  e á vez extrañamente cercanas. Esta é precisamente a relación establecida nesta obra, na que a contorna das palabras se intúen pero a súa identificación semántica, a  súa capacidade de nomear, se difumina no proceso de fricción entre os altofalantes e o propio corpo dos instrumentos.

Abel Paúl


Red de Lacre
saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, percusión, piano e electrónica

Inspirada na obra do mesmo título da artista Eva Lootz, a peza describe a mestura de sonoridades de cada instrumento e electrónica pre-gravados. A característica individual de cada instrumento proxecta unha semellante cualidade e densidade de son. Cada son individual é conectado e harmonizado. Este proceso crea a melodía vertical/rítmica e a paisaxe sonora horizontal. A melodía e a paisaxe sonora son utilizados para crear variadas texturas e sonoridades. A electrónica pre-gravada crea a ambigüidade de son entre acústica e electrónica, construíndo a sombra e o fondo  dunha “rede sonora”.

Piyawat Louilarpprasert

 

OS COMPOSITORES
Heather Frasch. Estados Unidos, 1980
Compositora de música acústica e eletroacústica, improvisadora e frautista experimental que traballa en instalacións sonoras. A súa música foi interpretada en festivais e concertos en todo o mundo, como: FRUM (Islandia), Atlas Academy (Amsterdam), ICMC (Huddersfield), NYCEMF (New York), SICMF (Corea), Moscow Autumn Festival, San Francisco Tape Music Festival, Festival Acanthes (Luxemburgo) e o Third Practice Electronic Music Festival (Virginia), entre outros.

Heather participou no Curso para Novos Compositores no IRCAM (Francia) con Yann Maresz, Schloss Solitude Academy (Stuttgart) con Chaya Czernowin e Mark André, e na Wellesley Composer Conference con Mario Davidovsky. Premiada no George Ladd Prix de París en Composición, International Sergei Slonimsky Composition Competition Prize en 2012, e o Nicol DeLorernzo Prize en Composición 2008 e 2010.

Fixo o seu doctorado pola Universidade de California, Berkeley, onde estudou composición con Franck Bedrossian e Edmund Campion, e traballou na música electrónica interactiva na CNMAT (Center for New Music and audio Technologies) con David Wessel. Heather ten unha Medalla de Prata do Conservatoire Nationale de Región de Lyon e un Bachelor of Arts da Temple University.

 

Piyawat Louilarpprasert. Tailandia, 1993
Compositor tailandés afincado en Londres. A súa música foi presentada en festivais coma o Festival de Lucerna 2016 (Suíza), Gaudeamus Musikweek (Holanda), TENSO Choir 2016 (Mechelen e Copenhague), 47º Festival Darmstadt (Alemaña), Asian Composer League (Xapón).. Recibiu o Léon Goossens Award , Princess Galyani Vadhana Youth Orchestra Award, Asia-Pacific Saxophone Composition Award, SEADOM Award, Young Composer in Southeast Asia Award, and Young Thai Artists Awards. Realizou masterclasses con Wolfgang Rihm, Olga Neuwirth, Chaya Czernowin, Helmut Lachenmann, Enno Poppe, Mark Andre. Traballou co Trío Surplus, Ensemble Mozaik, ACME, Lucerna Alumni,University Cincinnati Chamber Players, Thailand Philharmonic Orchestra, P.Y.O., Royal Northern Sinfonia. Recentemente recibiu varias comisións, como as do Riot Ensemble (Reino Unido), Royal College of Music Wind Ensemble (Reino Unido) e Thailand Philharmonic Orchestra.

Obtivo o seu B.M. en composición e dirección con Valeriy Rizayev e Pamornpan Komolpamorn do College of Music, Mahidol University. Actualmente está estudando M.M. en composición con Dai Fujikura, Jonathan Cole e Gilbert NOUNO no Royal College of Music de Londres co The Charles Stewart Richardson Scholar Award and Fund for Classical Music HRH Princess Galyani Vadhana.

 

Abel Paúl. España, 1984
Estudou composición no Conservatorium van Amsterdam e na Universität der Künste de Berlín e paralelamente recibiu clases maxistrais de compositores como Brian Ferneyhough, Pierluigi Billone e Chaya Czernowin, entre outros. Na actualidade finaliza un doctorado na Universidade de Huddersfield (Reino Unido). A súa música foi galardoada con premios como o Salvatore Martirano Award (2008), CDMC (2010), SUYAL Award (2014), Axudas a Innovadores e Creadores Culturais do BBVA (2014), Musiktheaterwettbewerb Darmstadt (compositor seleccionado), 1º Premio para Novos Compositores Fundación SGAE 2016 e mencinós de honra no Gaudeamus Muziekweek (2013) e o Mauricio Kagel Wettbewerb (2010). Ten recibido encargos de varios festivais como a Münchener Biennale, Darmstadt ou o Holland Festival. As súas obras foron interpretadas por agrupaciónss coma o ASKOSchoenberg, Nieuw Ensemble, Ensemble Nikel, Slagweerk den Haag, ETET, KlangforumWien, Insomnio, Adapter, Distractfold, Ensemble Aleph, Plural Ensemble, Nou Ensemble, Tamgram Project, etc.

 

Javier Quislant Garcia. España 1984
No seu traballo existe unha busca implícita a nivel estético e ontolóxico en relación ao son, ao material musical e á temporalidade, o que se traduce nun insistente cuestionamento das ideas sobre as que traballa. Tras licenciarse en Barcelona en Composición, obtén con distincións o título de Máster en Composición na Universidade de Artes de Graz baixo a tutela de Beat Furrer e os membros do Klangforum Wien. Paralelamente á formación académica, considera de igual relevancia os encontros mantidos cos compositores Georges Aperghis e Pierluigi Billone (así como con determinados membros do Klangforum Wien) nos cursos nos que participou, algúns deles notables focos de difusión da música actual.

Entre os seus proxectos actuais atópanse unha nova obra para Klangforum Wien por encargo do festival Open Music (Austria), a composición dunha ópera para o proxecto “Oper der Zukunft 2018” da ópera de Graz, unha nova obra para frauta e voz encargo de Maruta Stavoroitava e Gina Mattiello, unha nova obra para fagot solo en colaboración con

Paul Riveaux (fagotista do Ensemble Intercontemporain), e unha nova obra para piano que será estreada no Ciclo de concertos de Música Contemporánea da Fundación BBVA en Bilbao por Alfonso Gómez.

Ten traballado a súa música con formacións  coma o Ensemble Recherche, Ensemble Intercontemporain, Orchestre Philharmonique de Radio France, IEMA (International Ensemble Modern Academy), Arditti String Quartet, Bilbao Symphony Orchestra, Ensemble Proton Bern, Le Nouvel Ensemble Moderne, Schola Heidelberg Cantorum, CrossingLines Ensemble, Schallfeld Ensemble, en festivales IRCAM ManiFeste 2016 (Paris), Wittener Tage für Neue Kammermusik 2016 (Witten, Alemania), 57. Weimarer Meisterkurse (Weimar), Protonwerk Nr.5: Das Labor für Neue Musik (Berna y Basilea, Suiza), Vienna SaxFest, Musikprotokoll (Graz), International Academy of the Nouvel Ensemble Moderne (Quebec, Canadá), Impuls Academy, Internationale Ferienkurse für Neue Musik Darmstadt 2012 (Darmstadt, Alemania).

 

Octavi Rumbau. España, 1980
Compositor barcelonés no que o seu recente traballo se concentra na busca de novos espazos sonoros da interacción entre instrumento e electrónica e en afondar na maleabilidade do tempo musical.

As súas obras son interpretadas en numerosos concertos, encontros e festivais de Europa, América do Norte e Asia.  Ten recibido encargos do Auditori de Barcelona, Orquestra de Barcelona (OBC), Fundació Tàpies, ME_MMIX, Bcn216, CrossingLines Ensemble, Festival d’Òpera de Butxaca, UMS ‘n JIP/Festival Mixtur, Duo Links, Rémi Durupt, Miguel-Ángel Lorente, etc. Tamén ten colaborado, entre outros, co Ensemble Multilatérale, Taller Sonoro, Ensemble Links, Spanish Brass Luur Metalls, Funktion, Orchestre da Lorraine, Orquesta das Illas Baleares, Alberto Menchén, Laurent Durupt, Jan Gerdes e Philippe Spiesser.

Pianista de formación clásica, inicia os estudos de Composición con Enric Palomar, Yoshihisa Taïra e Agustín Charles. Máis tarde se traslada a París, onde realiza os estudos de Composición no Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París (CNSMDP) con Frédéric Durieux e de Orquestración con Denis Cohen. Paralelamente realiza o cursus anual de informática musical no IRCAM.

Ten recibido distincións coma o premio Concurso de composición Frederic Mompou 2005, o premio Concurso de composición Dolors Calvet i Prat 2008, o premio Concurso de Composición Colegio de España e do Instituto das Artes Escénicas e da Música 2012, a axuda para creadores da Fundación Phonos da Universitat Pompeu i Fabra de Barcelona 2012 e o premio Berliner Opernpreis 14 2013. Nos últimos anos, ten recibido o apoio de institucións como la Generalitat de Catalunya o Ministerio de Cultura español.

Actualmente é profesor de electroacústica no Conservatorio Superior de Música de las Islas Baleares e de composición e orquestración no Taller de Músics ESEM de Barcelona.

O seu próximo proxecto é un espectáculo de danza ca compañía de Albert Quesada producido polo Auditorio de Barcelona.