VI Festival Vertixe Sonora 2018
Concerto

Espellos, cintas, berros, almofadas e choiva

Neopercusión

Xoves 20 Setembro
20:30H
Sala de Exposicións do Pazo da Cultura
Pontevedra

Co patrocinio da Unidade de Igualdade da UVigo e no marco do programa Eleusis de visibilización de mulleres compositoras presentamos cinco pezas escritas por cinco xóvenes compositoras que, de xeito máis ou menos explícito, homenaxean a estética da música concreta.

A obra Cinq etudes de bruit (cinco estudos de ruído) foi creada polo compositor francés Pierre Schaeffer nos estudos da RTF (Radiodifusión–Televisión Francesa) en 1948. Obra fundacional deste movemento, utilíza unicamente material pregrabado, objets trouvés, de diversa procedencia: locomotoras de vapor, unha orquestra afinando, sons dun piano, instrumentos de percusión, xoguetes, a voz, cacerolas, etc. A partir da montaxe “cinematográfica” destes obxectos sonoros Schaeffer elaborou cinco pezas curtas que denominou estudos, introducindo unha nova forma de creación musical. Dende entón, calquera son escoitado, capturado e illado, convírtese en material utilizable con fins musicais.

Así proceden as compositoras presentes neste programa –lendo simplemente as descricións que complementan os títulos das pezas podemos facernos unha idea de como ese pensamento inicial ten evoluido na actualidade. O material musical será desenvolvido neste concerto con mesas de ping, pong, estróbilos, reprodutores de casete, lanternas máxicas, proxeccións, electrónica… e toda unha morea de obxetos singulares.

O grupo Neopercusión foi creado en 1994 ea súa formación abrangue todos os campos: clásico, étnicos e contemporáneos. A actividade desenvolvida é moi ampla e abrangue a pedagoxía, a interpretación, a investigación e a difusión de todo o relacionado con instrumentos de percusión.

ELENA RYKOVA (1991) The mirror of Galadriel (2012)
Xogo de reflexos para dous percusionistas, mesa de ping pong, estróbilos e proxección.

EDITH ALONSO (1974) Tape mode* (2018)
Para dous percusionistas e 7 reprodutoras de casetes.

IRENE GALINDO (1985) Do tamaño dun berro** (2016)
Para trío de percusión, cinta e vídeo

RAQUEL GARCÍA TOMÁS (1984) Pictures of the floating world** (2017)
Para dous percusionistas, electrónica e vídeo
– Poema da almofada (Utakamura)
– Garceta baixo a choiva (Uchu non sagi)

CECILIA ARDITTO (1966) Musique concrète (2015)
7 pezas para percusión, cinta e lanternas máxicas

1. A table tournant (O tocadiscos)
2. A machine à coudre (a máquina de coser)
3. Lle ventilateur (O ventilador)
4. A radio (O radio)
5. Electricité (A electricidade)
6. Vinyle (O vinilo)
7. Machina à écrire (A máquina de escribir)

* Encomenda de NEOPERCUSIÓN
** Encomenda de NEOPERCUSIÓN co apoio do INAEM

NEOPERCUSIÓN Juanjo Guillem, percusión e dirección | Rafa Gálvez, percusión Gÿe, percusión | Iván Ferrer, medios audiovisuais