VII Festival Vertixe Sonora 2019
Concerto

En ruta

Cristian Morales, Yuko Ohara, Alexander F. Müller, Fernando Munizaga

Domingo 29 Setembro
18:00H
Igrexa de San Domingos
Tui

 

En Ruta presenta as novas creacións en estrea mundial de Cristian Morales (Chile), Yuko Ohara (Xapón), Alex Müller (Alemaña) e Fernando Munizaga (Chile). E o fai con toda a simboloxía do Camiño Portugués e a súa significación como viaxe físico e espiritual transformador, lugar de encontro entre culturas e símbolo transnacional de unidade europea. O concerto terá lugar na Igrexa de San Domingos de Tui, que conta con extraordinarios retablos barrocos con imaxes de santos dominicos e da batalla de Lepanto.

Con este concerto conducido polo director Miquel Bernat da comenzo asemade o ciclo do mesmo nome co que arranca o sétimo Festival Vertixe Sonora. Tempo, lugar, movemento e son a través do espazo, que conectan na nosa experiencia a idea da viaxe. Camiño, logo son: camiño, ruta, viaxe, odisea. Metáforas antigas e poderosas.

Ao longo do festival presentaranse dezaseis estreas absolutas de compositoras e compositores que remarcana unión natural de música e transmisión de cultura enmarcadas no Camiño portugués, adaptadas aos medios e tecnoloxías contemporáneas. Unha actualización dos músicos e poetas, homes e mulleres que transitaron estes carreiros dende a Idade Media.

Programa

FERNANDO MUNIZAGA (Chile, 1986) Ondas terciarias* (2019)
arpa solista, frauta, saxofón, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano, percusión

YUKO OHARA (Xapón, 1977) The dimensional space* (2019)
frauta, saxofón, trompeta, trombón, acordeón, guitarra eléctrica, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, percusión

ALEXANDER F. MÜLLER (Alemaña, 1987) If there’ no one else to blame* (2019)
frauta, saxofón, trompeta, trombón, acordeón, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, arpa, piano, percusión

CRISTIAN MORALES OSSIO** (Chile, 1967) FUNA* (2019)
clarinete contrabaixo solista, frauta, saxofón, trompeta, trombón, acordeón, guitarra eléctrica, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, percusión

* Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA
Miquel Bernat director
Álvaro Zegers** clarinete contrabaixo
Angélica V. Salvi arpa

Clara Saleiro frauta | Pablo Coello saxofón | Carlos Cortés trompeta | Iago Rios trombón | María Mogas acordeón | Rubén Barros guitarra eléctrica | Mario Peris violín | Cristina Santos viola | Ailsa Lewin violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | David Durán piano | Diego Ventoso percusión

 

Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo

Enlaces:
Xunta de Galicia
Xacobeo


**PROYECTO FINANCIADO POR EL FONDO PARA EL FOMENTO DE LA MÚSICA NACIONAL CONVOCATORIA 2019 REGIÓN DE VALPARAÍSO