Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2012
Concerto

En catro movementos

Martes 25 Setembro
20:30H
CGAC
Santiago de Compostela

Con motivo da retrospectiva co mesmo título comisariada por Rosa Olivares, o Vertixe Sonora Ensemble presenta  Esther Ferrer. EN CATRO MOVEMENTOS, un espectáculo que explora os conceptos esenciais que presiden a producción da artista de acción vasca.

 : Tempo : Infinito : Repetición : Presenza :

Estes son os catro bloques temáticos que articulan o discurso dos compositores que recibiron sendas encomendas do ensemble: Marco Marinoni (Monza, Italia 1974), Teresa Carrasco (Oviedo, España,1980), Sivan Cohen-Elias (Xerusalén, Israel, 1976) e Oriol Saladrigues (Barcelona, España, 1978).

Previamente, ás 19:00, a mesa redonda COMPOÑER HOXE onde os compositores Teresa Carrasco, Oriol Saladrigues e  Sivan Cohen-Elias presentarán as súas novas obras.

NB: Finalmente a peza de Marinoni non poderá ser presentada nesta ocasión. No seu lugar a primeira audición en España dos compositores Alex Hills  (Cambridge, England, 1974) e Milica Djordjevic (Belgrade, Serbia, 1984). 

PROGRAMA
Alex Hills 5 resonance studies (2011)* piano solo
Milica Djordjevic fail (2010)*  cello e electrónica en vivo
Teresa Carrasco …tempo*  saxofón, piano e electrónica en vivo
Oriol Saladrigues marco que enmarca** saxofón, cello e e electrónica en vivo
Sivan Cohen.-Elias  presenza** piano, clarinete baixo, saxofón, cello e soporte 

* presentación en España
** estrea mundial: encomenda Vertixe Sonora

 » Programa de man