Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2018

DIDÁCTICOS NO CGAC

Desde o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) queremos ofrecervos un programa de concertos didácticos vinculados ao noso ciclo Música e arte. Correspondencias sonorascomisariado por Vertixe Sonora Ensemble, no que diferentes compositores internacionais crean pezas musicais a partir de obras, artistas ou exposicións que se poden visitar no museo.

 

Para que a actividade sexa máis completa e proveitosa, os centros que estean interesados poden facer un traballo previo ao concerto que consistiría nun visionado na aula de varios vídeos musicais e unha conversa posterior co director de Vertixe Sonora- vía skype- para comentar o contido do vídeo e facer as preguntas que xurdan.

 

O día do concerto a ensemble presentará as pezas musicais e proporcionará ao alumnado as claves precisas para a súa mellor comprensión e desfrute.

 

CONCERTO 15 DE MAIO

Concerto celebración do Día Internacional dos museos/ De 12:00 a 13:00 h/ Auditorio do CGAC

Sonata magnética, de Teresa Treccozzi(Italia): saxofón, guitarra eléctrica, piano e percusión/ Your body…your voice*, de Giovanni Santini(Italia): piano, 3 intérpretes.

CONCERTO 19 DE XUÑO

Concerto vinculado á exposición O palacio das tres historias do artista Carlos Garaicoa/ De 12:00 a 13:00 h/ Auditorio do CGAC

Composicións de Leonardo Idrobo(Colombia): saxofón, violonchelo, piano, percusión e electrónicaHache Costa(España): saxofón, violonchelo, piano, percusión e electrónicaValentín Pelisch(Argentina): saxofón, violonchelo, piano e percusión/ Jacques Zafra(México): saxo, violonchelo, piano e electrónica.

 

CONCERTO 30 DE OUTUBRO

Concerto vinculado á exposición Xeografía do tempo dos artistas Bleda y Rosa/ De 12:00 a 13:00 h/ Auditorio do CGAC

Composicións de Victoria Cheah(Estados Unidos): frauta, saxofón, piano, percusión/ Marta Gentilucci(Italia): frauta, saxofón, violín, viola, violonchelo, piano, percusión/ Ben Davis(Estados Unidos): frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano, percusión/ Or Shemesh(Israel/Alemaña): frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano, percusión

CONCERTO 18 DE DECEMBRO

Concerto vinculado á exposición do artista Julião Sarmento/ De 12:00 a 13:00 h/ Auditorio do CGAC

Composicións de Lesley Hinger(Canadá): frauta, saxofón, violín, violonchelo, piano, percusión/ Christian Märkl(Alemaña): frauta, saxofón, violín, violonchelo, electrónica/ Dariya Maminova(Rusia): frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica/ Daniel James Miller(Estados Unido): frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica

 

DESTINATARIOS: Alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

PRAZAS: 250

 

INSCRICIÓN: Os centros interesados en participar no programa deben enviar a cgac.educacion@xunta.gal o nome do centro, o número de alumnos, un teléfono, un correo electrónico e o nome da persoa de contacto.

 

 

A ACTIVIDADE É GRATUÍTA