Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2015
Concerto

CONSTELACIÓNS

Martes 15 Decembro / 20:30H
CGAC
Santiago de Compostela

Cuarto concerto da edición 2015 do ciclo MÚSICA E ARTE, CORRESPONDENCIAS SONORAS, no que Vertixe Sonora adéntrase no misterioso e complexo universo de Gonzalez Palma a través de cinco constelacións cunha interpretación particular da obra do artista guatemalteco.

Catro compositores próximos xeográfica e culturalmente ao artista, Edgar Barroso (México), Ezequiel Menalled (Arxentina), Camilo Méndez (Colombia) e Daniel Moreira (Brasil), xunto a Ralph Bernardy (Alemaña) dan forma ao intanxible, “un intento de darlle corpo aos fantasmas que gobernan as relacións personais, as xerarqu’ías relixiosas, a polí’tica e a vida” en palabras de González Palma.

Como na obra de Palma, estes compositores teñen a encomenda de “representar o espazo utópico do irrepresentable”. Se él se sirve do rostro e a mirada para dar forma a aspectos inmateriais como a trauma, a pérdida, a dolor ou o silenzo, cada un dos compositores utiliza as súas propias ferramentas e recurrencias: ben sexa a impronta do cotidiano e a súa representación imaxinaria en Countdowns; a íntima mirada á tradición e ás propias raíces con Juurtua; a xuxtaposición de elementos en Collide, Splinter, Splatter ou a sobreimpresión e recontextualización en Contigüidades xunto á recuperación dun mundo fantástico de escuridade e luz no que transcurre Metzli, dando cabida, como no mundo de Palma, a espazos irreais, reflexións introspectivas, ecos surrealistas ou aspectos teatrais.

CONSTELACIÓNS
Daniel Moreira Countdowns* (2015) saxofón, trompeta, acordeón, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano, percusión e samplers
Ralph Bernardy Juurtua** (2015) trompeta, contrabaixo, piano e percusión
Camilo A. Méndez¹ Collide, Splinter, Splatter**(2015) saxofón, trompeta, acordeón, guitarra eléctrica, piano e percusión
Edgar Barroso Metzli (2015) saxofón, acordeón, violonchelo, contrabaixo, piano e percusión
Ezequiel Menalled Contigüidades** (2015) saxofón, trompeta, acordeón, violonchelo, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica

*Estrea nova versión. Encarga de Vertixe Sonora ** Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora
¹ Compositor seleccionado do Taller de Composición y Experimentación Sonora Mixtur 2015

VERTIXE SONORA

Pablo Coello saxofón / Sergio Pacheco trompeta / Vadzim Yukhnevich acordeón / Ailsa Lewin cello / Carlos Méndez contrabaixo / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Antonio Ocampo, Diego Ventoso percusión // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística

cgac   logo-usc-125  logo-FESTIVAL-MIXTUR-recerca-creacio-v3

vídeos