VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Concerto

Así Pasen 25 Anos: Enrique X. Macías

Enrique X. Macías

Domingo 8 Novembro / 20:30H

Compositor autodidacta, Enrique X. Macías (Vigo, 1958-1995) deixounos un dilatado legado musical a pesar do seu prematuro falecemento, aos 37 anos. Creador meticuloso e esixente –destruiu toda a súa obra anterior a 1980– conformou, a partires dunha orixinalísima técnica de autocitas, unha obra musical en permanente construción na procura de novas formas de expresión.

A súa obra foi gravada polas radios máis importantes de Europa e ao longo da súa curta carreira obtivo numerosos premios. Nese o seu itinerario profesional figuran precisamente as súas participacións, en dúas ocasións, na Tribuna de Novos Compositores da Fundación Juan March con dúas obras para ensemble (máis tarde descatalogadas): Souvenir n.º 1 (estreada polo Grupo Koan. Director: José Ramón Encinar. II Tribuna de Novos Compositores en 1983); e Morgengesang II (estreada polo Grupo Círculo. Director: José Luís Temes. en VINA Tribuna de Novos Compositores en 1987)

Froito da colaboración entre Miso Music e o Instituto Galego de Sonoloxía , o apoio do Centro de Investigação & Informação da Música Portuguesa– MIC.PT e a participación do compositor portugués Miguel Azguime, depositario da súa obra e íntimo amigo que colaborou na actualización dos materiais da electrónica en vivo de Adhuc poderemos ofrecer a escoita das obras máis importantes para ensemble do compositor vigués: Adhuc (1993) e Itinerario de luz (1995). E xunto a elas a monumental Cadencias e interludios/ Percurso I (1989-1992) para piano e electrónica. Pedro Amaral, profundo coñecedor da obra de Macías a quen lle unía unha entrañabel amizade dirixe este monográfico, unha oportunidade magnífica para lembrar a un dos creadores máis importantes da cidade.

Así Pasen 25 Anos: Enrique X. Macías
Adhuc (1992/93) clarinete, trompa, vibráfono, sintetizador, violín, violonchelo
Cadencias e Interludios / Percurso I (1992) piano solo e electrónica en tempo real
Itinerario de Luz (1994/95) frauta, clarinete, trompa, violín, viola, violonchelo, electrónica en tempo real
Co apoio do Centro de Investigação & Informação da Música Portuguesa– MIC.PT

 

VERTIXE SONORA
Pedro Amaral director
Clara Saleiro frauta | Daniel Veiga clarinete | Jorge Fuentes trompa | Mario Peris violin | Iriana Fernández viola | Thomas Piel violonchelo | Haruna Takebe sintetizador | David Durán piano | Diego Ventoso vibráfono | Ángel Faraldo electrónica